Edward Vajda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Edward Vajda
Nacemento10 de setembro de 1958
Lugar de nacementoMarine Corps Base Camp Lejeune
Alma máterUniversidade de Indiana
Ocupaciónlingüista
editar datos en Wikidata ]

Edward Vajda, nado o 10 de setembro de 1958, é un lingüista especializado en lingüística comparativa e lingüística histórica que traballa na Western Washington University, no estado norteamericano de Washington.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Acadou notoriedade por un seu traballo no que propón unha nova familia de linguas dené-ieniseianas, ao tentar estabelecer que a lingua ket de Siberia ten un antecesor lingüístico común coas linguas na-dené de América do Norte. Comezou a estudar o idioma ket nos anos 1990, logo da desaparición da Unión Soviética; entrevistouse con falantes de ket en Alemaña e, posteriormente, viaxou até Tomsk no suroeste de Siberia para realizar recollida de datos en traballo de campo.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]