Edvard Munch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEdvard Munch

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de decembro de 1863 Editar o valor em Wikidata
Ådalsbruk (Reino da Suécia e Noruega) Editar o valor em Wikidata
Morte23 de xaneiro de 1944 (80 anos)
Ekely, Noruega (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério Vår Frelsers (pt) Traducir, 12308 (1960–) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaOslo
Ekely (pt) Traducir
Edvard Munchs house (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeNoruega Editar o valor em Wikidata
EducaciónOslo Cathedral School (en) Traducir
Norwegian National Academy of Craft and Art Industry (en) Traducir
Academia de Belas Artes de Munique (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Oslo
Berlín
Åsgårdstrand (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor , debuxante , gravador , artista gráfico , debuxante arquitectónico Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoRetrato, Expresionismo, pintura de xénero, Arte de paisaxes e autorretrato Editar o valor em Wikidata
MovementoSimbolismo e Expresionismo Editar o valor em Wikidata
Catálogo críticoWoll's Edvard Munch: Complete Paintings: Catalogue Raisonné (en) Traducir (2008) Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua francesa e lingua norueguesa Editar o valor em Wikidata
RepresentanteArtists Rights Society Editar o valor em Wikidata
Participou en
28 de xuño de 1964Documenta III (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor em Wikidata
PaisChristian Munch (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Laura Cathrine Munch (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsInger Munch (en) Traducir, Peter Andreas Munch (en) Traducir e Laura Munch (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 354cf3f6-aa42-4bb9-8fa1-319af0827900 Discogs: 1291148 WikiTree: Munch-1 Find a Grave: 7403361 Editar o valor em Wikidata


Edvard Munch, nado en Løten o 12 de decembro de 1863 e finado en Ekely o 23 de xaneiro de 1944, foi un pintor e gravador noruegués expresionista. As súas evocativas obras sobre a angustia influenciaron profundamente o expresionismo alemán aos comezos do século XX.

O berro (1893; orixinalmente titulado Desesperación), é a súa obra máis coñecida e considerada coma unha icona da angustia existencial. Como en moitas das súas obras realizou numerosas versións. Foi roubada do museo Munch en Oslo, Noruega o 22 de agosto de 2004 e recuperada o 30 de agosto do 2006 con danos menores reparables.

O pintor dicía de si mesmo que, do mesmo modo que Leonardo da Vinci estudara a anatomía humana e disecado corpos, el tentaba disecar almas. Xa que logo, os temas máis frecuentes na súa obra foron os relacionados cos sentimentos e as traxedias humanas, coma a soidade (Melancolía), a angustia (O berro), a morte (Morte dun bohemio) e o erotismo (Amantes, O bico). Considéraselle o precursor do expresionismo, pola forte expresividade dos rostros e as actitudes das súas figuras, ademais do mellor pintor noruegués de todos os tempos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Edvard Munch medrou en Oslo, daquela chamada Christiania. Ten parentesco co pintor Jacob Munch (1776 – 1839) e o historiador Peter Andreas Munch (1810 – 1863). A súa nai e unha das súas irmás morreron sendo el moi mozo, e outra das súas irmás foi diagnosticada cunha enfermidade mental. O seu pai estaba dominado por obsesións relixiosas. O seu pai instilou nos seus fillos un profundo temor para o inferno, asegurándolles que se pecaban de calquera modo serían condenados ao inferno sen esperanza de perdón. Munch pasou unha infancia con numerosas enfermidades e dos cinco irmáns orixinais tan só Andreas casaría morrendo uns poucos meses despois do casamento. Estes feitos poderían explicar a escuridade e o pesimismo de gran parte da obra de Munch. Máis tarde afirmou: "A enfermidade, a tolemia e a morte foron os anxos que rodearon o meu berce e seguíronme durante toda a miña vida". Varias fontes modernas describen a enfermidade de Munch coma un caso probable de desorde bipolar. Munch consideraba esta personalidade conflitiva e un tanto desequilibrada como a base do seu xenio.

En 1885 levou a cabo o primeiro dos súas numerosas viaxes a París, onde coñeceu os movementos pictóricos máis avanzados e sentiuse especialmente atraído pola arte de Paul Gauguin. Non tardou en crear un estilo sumamente persoal, baseado en acentuar a forza expresiva da liña, reducir as formas á súa expresión máis esquemática e facer un uso simbólico, non naturalista, da cor, e de aí a súa clasificación como pintor simbolista. De 1892 a 1908 viviu en Alemaña, sobre todo en Berlín, aínda que fixo frecuentes viaxes a Noruega e París. En Berlín presentou en 1892 unha exposición que tivo que ser retirada polo escándalo que suscitou e que deu pé á creación da Secesión Berlinesa. En 1908 volveu definitivamente a Noruega, onde recibiu algúns encargos oficiais (pinturas do paraninfo da Universidade de Oslo) e pasou os seus últimos anos en soidade.

Nas décadas de 1930 e 1940 os Nazis etiquetaron o seu traballo como "arte dexenerada" e retiraron os seus traballos dos museos alemáns. Este feito feriu profundamente a Munch, que se consideraba un antifascista e chegara a apreciar Alemaña como seu segunda patria.

Morreu en Ekely, preto de Oslo, pouco despois de seu oitenta aniversario. Deixou máis de 1.000 cadros, 15.400 gravados, 4.500 debuxos e acuarelas e seis esculturas á cidade de Oslo que construíu o Museo Munch en Tøyen no seu honor.

Obras máis importantes[editar | editar a fonte]

  • 1985: A moza enferma
  • 1893: O berro
  • 1894: Cinzas
  • 1894-95: Madonna
  • 1895: Puberdade
  • 1895: Autorretrato
  • 1896: Angustia
  • 1896: Celos
  • 1897: O bico
  • 1897: A danza da vida
  • 1900: Melancolía
  • 1940-42: Autorretrato: Entre o reloxo e a cama

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]