Eduardo Madina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eduardo Madina
Nome completoEduardo Madina Muñoz
Nacemento11 de xaneiro de 1976
Lugar de nacementoBilbao
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Deusto e Universidade do País Vasco
Ocupaciónpolítico
PremiosMedalla da Orde do mérito constitucional
Na rede
IMDB: nm4758919 Twitter: EduMadina Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Eduardo Madina Muñoz, nado en Bilbao o 11 de xaneiro de 1976, é un político socialista español. Entre abril de 2009[1] e setembro de 2014 foi secretario xeral do Grupo Parlamentario Socialista no Congreso.[2] [3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Eduardo Madina está casado e ten un fillo. Provén dunha familia de históricos militantes socialistas do País Vasco; o seu avó era mineiro.[4][5] Ós 17 anos afiliouse ás Mocidades Socialistas de Euskadi, póla xuvenil do PSE-EE, e pouco despois licenciouse en Historia contemporánea na Universidade de Deusto.[6] Ten un mestrado en Integración europea pola Universidade do País Vasco, especializado en Relacións Internacionais. Traballou como técnico no Parlamento Europeo e impartiu clases en diferentes universidades españolas sobre Relacións internacionais e construción europea. É profesor asociado de Historia Contemporánea na Universidade Carlos III de Madrid.[7] Anteriormente dirixiu e presentou un programa de contidos musicais en Radio 3 chamado El archiduc.

No ano 2012 foi elixido entre os mozos máis destacados do mundo polo Foro de Davos (World Economic Forum) dentro do programa de novos líderes mundiais (Young Global Leaders).

Atentado terrorista[editar | editar a fonte]

Eduardo Madina sufriu un atentado o 19 de febreiro de 2002. Unha bomba lapa colocada nos baixos do seu coche por un comando da banda terrorista ETA integrado por Iker Olabarrieta e Asier Arzalluz, causoulle graves lesións, entre elas a amputación da perna esquerda á altura do xeonllo, cando se dirixía, sen escolta, dende o seu domicilio ó seu posto de traballo en Sestao. Por mor das lesións sufridas tivo que abandonar o equipo de voleibol, o UPV Bizkaia, no que xogaba profesionalmente.

Dous anos máis tarde recibiu a Medalla ao Mérito Constitucional xunto a outras vítimas do terrorismo.[8]

O xuízo na Audiencia Nacional contra os acusados do atentado comezou o 12 de novembro de 2006. O 4 de decembro coñeceuse a sentenza, pola que os etarras Iker Olabarrieta e Asier Arzalluz foron condenados a 20 anos de cárcere. O primeiro como autor material do intento de asasinato, membro do comando Urbasa, e o segundo como indutor, a conta da dirección etarra.[9]

Cargos desempeñados[editar | editar a fonte]

  • Concelleiro do Concello de Sestao (1999-2001)
  • Secretario xeral das Mocidades Socialistas do País Vasco (2002-2004).
  • Deputado por Biscaia no Congreso dos Deputados (2004-2015).
  • Secretario xeral do Grupo Socialista no Congreso dos Deputados (2009-2014).

Notas[editar | editar a fonte]