Eduardo Barriobero Herrán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEduardo Barriobero Herrán

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Eduardo Barriobero y Herrán Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de xuño de 1875 Editar o valor em Wikidata
Torrecilla en Cameros, España Editar o valor em Wikidata
Morte10 de febreiro de 1939 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteFerida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas
6 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933

Circunscrición electoral: Oviedo (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Zaragoza Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónavogado , escritor , tradutor , sindicalista , político , latinista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Eduardo Barriobero Herrán, nado en Torrecilla en Cameros (A Rioxa) o 29 de xuño de 1875 e finado en Barcelona o 10 de febreiro de 1939, foi un avogado e político republicano federal español próximo á Confederación Nacional do Traballo (CNT).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou o Bacharelato en Logroño e Medicina e Dereito na Universidade de Zaragoza. Cando acabou a carreira estableceuse en Madrid, onde foi membro da agrupación cívica Acción Democrática de Ernesto Bark, redactor da revista Germinal, que defendía unha fronte política única de republicanos, socialistas e anarquistas. Tamén se relacionou con outros escritores bohemios como Alejandro Sawa Martínez, Eduardo Zamacois, Emilio Carrere Moreno e Carmen de Burgos y Seguí, "Colombine". En 1903 ingresou na Unión Republicana e en 1910 formou parte do grupo de republicanos federais partidarios de participar nas eleccións conxuntamente co Partido Republicano Radical. En 1913 tamén foi membro da Liga Española para la Defensa de los Derechos del Hombre e fundador da Liga Anticlerical Española.

Conseguiu as simpatías da CNT pola súa singular oratoria e porque dedicou os seus coñecementos como avogado a defender militantes obreiros, o que lle valeu a miúdo ser encarcerado e tres intentos de asasinato polo Sindicato Libre. Defendeu aos implicados nos sucesos de Cullera de 1911, aos dos sucesos de Cenicero de 1915 (unha folga que acabou coa morte dun garda civil) e aos participantes na folga xeral de 1917. Ingresou na CNT en 1912.

Foi elixido deputado por Madrid pola Conxunción Republicano-Socialista nas eleccións de 1914, pero despois foi escollido como republicano independente por Huelva nas de 1918 e 1919, grazas á súa fama por ter defendido en xuízo aos traballadores de Río Tinto. En 1920 foi organizador do Congreso de Democracia Republicana, que pretendía a unificación de todas as forzas republicanas.

A finais dos anos dez apareceu pola comarca de Verín participando nalgúns procesos. En 1917 conseguiu a condena para o Secretario do concello de Riós e o seu fillo e en 1922, no xuízo celebrado no Salón de Plenos do concello de Verín, logrou que se absolvera a un dos acusados do asasinato de Vicente Sola Regido e o outro recibiu unha breve condena que significou a súa posta en liberdade pois xa a cumprira en prisión preventiva.[1] Participou na Sanjuanada de 1926 contra a ditadura de Primo de Rivera[2] como enlace do comité da CNT en Xixón, e en xaneiro de 1929 participou na conspiración abortada de José Sánchez Guerra.

Desde agosto de 1930 presidiu o Partido Republicano Democrático Federal, imprimíndolle unha orientación obreirista dirixida á busca do voto anarcosindicalista, o que lle valeu obter un escano por Asturias nas eleccións de 1931, pero que acabou provocando unha escisión encabezada por José Franchy Roca. Nas Cortes Constituíntes formou un grupo que se fixo notar pola súa política demagóxica e antigobernamental: os xabarís. Tamén foi membro do Socorro Rojo Internacional, e en condición de tal foi avogado dos insurrectos libertarios de Aragón e A Rioxa de decembro de 1933 e dos participantes nos sucesos de Turón durante a revolución de Asturias de 1934.

En 1933 intentou a reunificación do Partido Republicano Federal, pero a súa postura contraria a colaborar con Manuel Azaña dividiu novamente o partido. En 1935 foi nomeado novamente cabeza dos federais e asinou un acordo de colaboración co Partido Sindicalista de Ángel Pestaña, pero a constitución da Fronte Popular rompeu o acordo.

Iniciada a Guerra Civil a finais de agosto foi enviado pola CNT á Oficina Xurídica instalada no Palacio de Xustiza de Barcelona, que fora ocupado por milicias anarquistas, desde onde organizou tribunais populares e xustiza revolucionaria que provocaron o seu enfrontamento con Santiago Gubern, presidente do Tribunal de Casación de Cataluña, e Lluís Companys, presidente da Generalitat de Cataluña, de tal xeito que a disolveron en novembro de 1936. O ministro de Xustiza, o anarquista Juan García Oliver, propúxoo para Fiscal Xeral da República, pero o presidente Manuel Azaña vetou o nomeamento. En setembro de 1937 o goberno republicano acusouno de apropiarse de 8 millóns de pesetas durante o tempo que estivo á cabeza da Oficina Xurídica. Aínda que o Tribunal Supremo absolveuno, pasou o resto da guerra en prisión. Cara ao final da guerra enfermou e foi internado nun hospital penal.

Trala caída de Barcelona a mans das tropas franquistas, o 7 de febreiro de 1939 foi sometido a consello de guerra sumarísimo, condenado a morte e fusilado tres días despois. Foi enterrado nunha fosa común.

Obras[editar | editar a fonte]

Caricatura cara a 1907.

* Lo que debe saber todo buen republicano, 1903.

  • Guerrero y algunos episodios de su vida milagrosa, 1906.
  • Synce­rasto, el parásito, 1908.
  • Vocación, 1909.
  • De Cánovas a Romanones, 1916.
  • Matapán, funcionario, 1921.
  • Chatarramendi, el optimista, 1922.
  • Como los hombres, 1923.
  • Nuestra señora de la fatalidad, 1927.
  • Historia ejemplar del caballero de la mano en el pecho, 1928.
  • El mirón de la Torre-Cumbre, 1929.
  • El 606, Delito de multitudes
  • Emilio Castelar, 1930.
  • La Francmasonería. Sus apologistas y sus detractores, 1935.
  • Un tribunal revolucionario. Cuenta rendida por el que fue su presidente, 1937.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fernández, José Miguel (2002). CGT, ed. "Crónica sentimental del anarquismo en la raya orensana" (PDF). Libre Pensamiento (41): 53–59. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de setembro de 2013. Consultado o 21 de agosto de 2013. 
  2. Gran Enciclopedia Catalana (ed.): «Eduardo Barriobero» (en catalán). l'Enciclopèdia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Jesús RUIZ PÉREZ, “República y Anarquía: El pensamiento político de Eduardo Barriobero (1875-1939)”, en Berceo. Revista riojana de ciencias sociales y humanidades, Logroño, Instituto de Estudios Riojanos, Nº144 (2003), pp. 177–202. ISSN 0210-8550

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]