Edelweiss Air

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Edelweiss Air
IATA
WK
OACI
EDW
Indicativo
EDELWEISS
Fundación15 de outubro de 1995
Aeroporto principalaeroporto de Zúric
Subsidiarias13
Frota64
HoldingSwiss International Air Lines Group
Eslogan da compañíaDer Sonne entgegen
SedeKloten, Suíza
Páxina web: http://www.flyedelweiss.com/

Edelweiss Air é unha aeroliña de vacacións suíza pertencente na súa totalidade a Swiss International Air Lines, formando polo tanto parte do Lufthansa Group. Opera voos a destinos europeos e intercontinentais dende a súa base no aeroporto de Zúric.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

A aeroliña fundouse o 19 de outubro de 1995 e Bassersdorf, Suíza cun só avión, un McDonnell Douglas MD-83. O nome da compañía deriva da flor nacional (non oficial) do país, a edelweiss, que tamén aparece pintada nos seus avións.

A frota foi medrando e renovándose. No ano 1998 chegaron novos Airbus A320-200 para substituír os MD-83, e no ano 1999 a aeroliña comezou a realizar voo de longo alcance usando o Airbus A330-200.

Ata novembro de 2008 Edelweiss Air foi propiedade de Kuoni Travel Ltd, cando os seus dereitos de operación se venderon a Swiss International Air Lines, a cambio de dereitos de venda de capacidades de hoteis a través da rede de vendas de Swiss. Xa que Swiss International Airlines fora mercada polo Lufthansa Group en 2005, Edelweiss Air tamén pasou a ser unha subsidiaria do grupo de aeroliñas máis grande de Europa na época cando foi adquirida por Swiss.[2]

En marzo de 2011 Edelweiss Air engadiu o máis grande Airbus A330-300 á súa frota, despois dun pedido realizado o 5 de abril de 2010.[3] En xullo de 2015 anunciouse que Edelweiss recibiría catro Airbus A340-300 entre 2017 e 2018 operados anteriormente por Swiss International Air Lines. Estes avións van ser usados para ampliar a súa rede de rutas.[4]

En novembro de 2015 Edelweiss estreou unha librea revisada un dos seus Airbus A320-200 que se aplicaría posteriormente a toda a súa frota.[5] En decembro de 2016 Edelweiss retirou o seu único A330-200, que pasou a mans de Brussels Airlines e vai ser substituído por un dos A340-300 herdados de Swiss.[6]

Frota[editar | editar a fonte]

Airbus A320-200 de Edelweiss Air

En marzo de 2018 a frota de Edelweiss Air estaba formada polos seguintes avións:[7][8]

Frota de Edelweiss Air
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
J Y+ Y Total
Airbus A320-200 8 12 156 168[9]
174 174
Airbus A330-300 2 27 56 232 315[10]
Airbus A340-300 3 27 76 211 314[11] Herdados de Swiss International Air Lines[4][12][13]
Total 13

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Edelweiss Air (ed.). "Contact". Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2014. Consultado o 21 de marzo de 2018. 
  2. Swiss (ed.). "SWISS names new Edelweiss Air Board of Directors". Consultado o 21 de marzo de 2018. 
  3. Air Transport World (ed.). "Edelweiss orders A330". Consultado o 21 de marzo de 2018. 
  4. 4,0 4,1 ch-aviation (ed.). "Edelweiss Air to add one more A320, three Swiss A340s". Consultado o 21 de marzo de 2018. 
  5. ZRH-Spotter (ed.). "Edelweiss Switzerland Flugzeuge erhalten neues Design". Consultado o 21 de marzo de 2018. 
  6. ch-aviation (ed.). "Switzerland's Edelweiss Air ends A330-200 operations". Consultado o 21 de marzo de 2018. 
  7. Edelweiss Air (ed.). "The Edelweiss fleet". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2018. Consultado o 21 de marzo de 2018. 
  8. Planespotters (ed.). "Edelweiss Air Fleet Details and History". Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2018. Consultado o 21 de marzo de 2018. 
  9. Edelweiss Air (ed.). "Seat map Airbus A320". Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2018. Consultado o 21 de marzo de 2018. 
  10. Edelweiss Air (ed.). "Seat map Airbus A330-300". Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2018. Consultado o 21 de marzo de 2018. 
  11. Edelweiss Air (ed.). "Seat map Airbus A340-313". Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2018. Consultado o 21 de marzo de 2018. 
  12. Routes Online (ed.). "Edelweiss Air Outlines A340 Operations from Oct 2016". Consultado o 21 de marzo de 2018. 
  13. Air Transport World (ed.). "SWISS orders 10th Boeing 777; to refurbish Airbus A340-300 fleet". Consultado o 21 de marzo de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]