Economía de Antiga e Barbuda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Economía de Antiga e Barbuda
Moeda Dólar do Caribe Oriental
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, Caricom
Datos estatísticos[1]
PIB 1 495 millóns (2011)
Posición do PIB 196ª no mundo[2]
Crecemento do PIB -5,5% (2011)
PIB per cápita $ 17.100 (2011)
PIB por sector agricultura 2,1%, industria 19,7%, comercio e servizos 78,2% (2011)
Inflación 3,3% (2011)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 30.000 (1991)
Forza de traballo por sector agricultura 7%, industria 11%, comercio e servizos 82% (1983)
Desemprego 11% (2011)
Industrias turismo, construción civil, manufacturas leves (roupas, alcohol, obxectos domésticos)
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 43,45 millóns (2011)
Produtos de exportación derivados de petróleo, roupas de cama, artesanía, compoñentes electrónicos, equipamentos de transporte, alimentos, animais vivos
Principais mercados España 34%, Alemaña 20,7%, Italia 7,7%, Singapur 5,8%, Reino Unido 4,9% (2005)
Importacións 427 millóns (2011)
Principais produtos importados alimentos e animais vivos, máquinas e equipamentos de transporte, manufacturas, produtos químicos, petróleo
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 359,8 mil millóns (2011)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible

O Turismo domina a economía de Antiga e Barbuda, producindo case 60% do PIB e 40% dos investimentos[1]. A diminución de turistas dende o ano 2000 obrigou ó goberno a transformar o país nun paraíso fiscal. A produción agrícola está centrada no ámbito doméstico e limitada pola reducida subministración de auga e unha redución da man de obra debido ós mellores salarios nos sectores de turismo e construción.

É importante tamén a produción agrícola de cana de azucre, algodón e froitas; así como o refinado de petróleo e as manufacturas téxtiles, de carpintería e de produción de ron. Produce algo de cervexa, roupas, cemento, artesanías locais e mobiliario.

A moeda oficial é o Dólar do Caribe Oriental (East Caribean Dollar), cunha paridade fixa de 2,7:1 co dólar americano desde o ano 1976[1]. O produto bruto interno foi de 18.100 dólares per capita en 2009[1], ano dunha retracción de 6,5% do PIB. A taxa de inflación anual é moi baixa (1,5% en 2007)[1].

Notas[editar | editar a fonte]