Economía do Reino Unido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Economía de Reino Unido
Moeda libra esterlina
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, Unión Europea, Commonwealth de Nacións, OCDE
Datos estatísticos[1]
PIB 2 323 mil millóns (2012)
Posición do PIB 9ª no mundo[2]
Crecemento do PIB -0,1% (2012)
PIB per cápita $ 36 700 (2012)
PIB por sector agricultura 0,7%, industria 21,1%, comercio e servizos 78,2% (2012)
Inflación 2,8% (2012)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 31.900.000 (2012)
Forza de traballo por sector agricultura 1,4%, industria 18,2%, comercio e servizos 80,4% (2006)
Desemprego 7,8% (2012)
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 481 mil millóns (2012)
Produtos de exportación manufacturados, combustibles, produtos químicos, alimentos, bebidas, tabaco
Principais mercados Alemaña 10,9%, Estados Unidos 9,9%, Países Baixos 7,9%, Francia 7,4%, Suíza 7,1%, República de Irlanda 6%, Bélxica 5,3% (2011)
Importacións 646 mil millóns (2012)
Principais produtos importados manufacturados, máquinas, combustibles, alimentos
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 9 836 mil millóns (2012)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible

O Reino Unido é unha das principais nacións industriais e comerciais do mundo. En termos do seu produto interior bruto (PIB), é o quinto no mundo logo dos Estados Unidos, o Xapón, Alemaña e a China. Durante a década pasada, o goberno privatizou considerablemente as súas empresas e contivo o crecemento dos gastos en benestar social[1].

A súa agricultura é bastante modernizada e atende 60% das necesidades de alimentos do país con menos de 2% da forza de traballo total. Os seus principais produtos son cereais, sementes oleaxinosas, patacas, legumes, gando, ovellas, creación de aves e peixes[1]. O país ten grandes reservas de carbón, petróleo e gas natural, porén, as súas reservas de petróleo e gas están diminuíndo, e o país tornouse o 2005 un importador de combustibles. A produción destes combustibles representa hoxe uns 4% do PIB[1]. Actualmente os servizos, en particular os servizos bancarios, de seguro e os de investimento son os principais compoñentes do PIB.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 CIA. "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2019. Consultado o 16 de agosto de 2009. . Consultado o 21/4/2013
  2. CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).