Eclipse lunar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha eclipse ocorre cando o Sol, a Terra e a Lúa se aliñan. Se ese fenómeno ten lugar durante a fase da lúa chea, cando a Lúa pasar pola sombra da Terra, denomínase eclipse de Lúa, ou eclipse lunar. O tipo e a duración da eclipse lunar depende da localización da Lúa en relación á súa órbita.

Tipos de eclipses lunares[editar | editar a fonte]

Diagrama dunha eclipse lunar
Diagrama dunha eclipse lunar
Eclipse de penumbra
a Lúa apenas pasa a través da penumbra da Terra, a porción externa da sombra terreste. A penumbra non provoca un escurecimento perceptíbel da superficie da Lúa.
eclipse lunar total
a Lúa atravesa completamente o interior da umbra da Terra, a parte interna da sombra. A velocidade da Lúa a través da sombra é de cerca de 1 km/s, e unha eclipse total pode durar até 102 minutos (case unha hora e tres cuartos). O período decorrido a partir do momento en que a Lúa ten o primeiro contacto coa umbra da Terra até o momento en que a abandona totalmente, por outro lado, pode durar varias horas. Se só entra na umbra parte da Lúa, chámase eclipse parcial.

A Lúa non fica completamente invisíbel ao ser escurecida pola sombra terreste debido á refracción da luz solar producida pola luz da atmosfera do planeta. A intensidade da luz refractada depende da cantidade de nubes ou poeira existentes na atmosfera, que bloquean o paso da luz. Iso causa na Lúa unha coloración con tons avermellados cuxa intensidade varía dunha eclipse para outra. A escala seguinte foi criada por Andrè Danjon co obxectivo de medir o nivel de escurecmento dunha eclipse lunar:

Nodos lunares
Nodos lunares
0. Eclipse moi escura; Lúa case invisíbel, especialmente en media tonalidade
1. Eclipse escura; cinza ou con coloración marrón; detalles distinguíbeis con dificultade
2. Eclipse vermella intensa ou con coloración ferruxenta, coa parte central da umbra moi escura e co bordo externo da umbra relativamente brillante
3. Eclipse vermella-ladrillo, xeralmente co bordo da umbra brillante ou amarelo
4. Eclipse vermella-cobre, moi brillante ou laranxa, co bordo limiar azulado e moi brillante

Debido á inclinación de cerca de 5° da órbita da Lúa en relación á órbita da Terra ao redor do Sol, as eclipses lunares non acontencen en toda lúa chea. Para que se produza unha eclipe, a Lúa debe estar preto de seu nodo orbital—a intersección dos planos orbitais. Pasar pola sombra ou moi próxima do nodo dá lugar a unha eclipse total ou parcial.

Todo os anos acontecen polo menos dúas eclipses lunares. De coñecer a data dunha eclipse, pódese prever a data en que terán lugar outras eclipses usando os ciclos de eclipses. Ao contrario que nas eclipses solares, que só poden ser observadas desde unha área relativamente pequena da superficie terrestre, unha eclipse lunar pode ser visto desde calquera lugar onde sexa noite no momento en que acontece. De estar no lado da Lúa virado para a Terra durante unha eclipse lunar, veríase unha eclipse solar, coa Terra pasando fronte ao Sol.

Eclipses lunares entre 2003 e 2005[editar | editar a fonte]

Data Tipo Visíbel onde Duración
9 de novembro de 2003 Total Américas, Europa, África, Asia Central 24 min
4 de maio de 2004 Total América do Sur, Europa, África, Asia, Australia 1 h 16 min
27 de uutubro de 2004 Total Américas, Europa, África, Asia Central 1 h 21 min
24 de abril de 2005 de penumbra Américas, Australia, Pacífico, Extremo Leste da Asia 4 h 10 min (duración da eclipse)
17 de outubro de 2005 Parcial Canadá, Australia, Pacífico, Asia 58 min (duración da eclipse parcial)

Eclipse lunar total máis longo entre 1900 e 2100[editar | editar a fonte]

Eclipse lunar
Data Duración da Fase Total
16 de xullo de 2000 1 h 47 m 01 s
6 de xullo de 1982 1 h 46 m 20 s
27 de xullo de 2018 1 h 43 m 34 s
26 de xuño de 2029 1 h 42 m 32 s
4 de agosto de 1906 1 h 41 m 48 s
7 de xullo de 2047 1 h 41 m 29 s
25 de xuño de 1964 1 h 41 m 25 s
26 de xullo de 1953 1 h 41 m 22 s
28 de xuño de 2001 1 h 41 m 16 s
15 de xuño de 2011 1 h 40 m 52 s
16 de xuño de 2076 1 h 40 m 49 s
15 de xullo de 1935 1 h 40 m 16 s
6 de agosto de 1971 1 h 40 m 04 s

A eclipse lunar total máis longa entre o ano 1000 a. C. e o 300 d. C. ocorreu o 31 de maio de 318. A fase total tivo unha duración de 1 h 47 m 14 s.

Eclipses lunares na historia[editar | editar a fonte]

Os astrónomos da Grecia Antiga notaron que durante a eclipse lunar, o bordo da sombra era sempre circular. Concluíron que a Terra podería ser esférica.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predición
Fotos de Eclipses