Dumbo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dumbo
Rótulo do título na publicidade do filme.
Ficha técnica
Título orixinalDumbo
DirectorBen Sharpsteen
ProdutorWalt Disney
GuiónOtto Englander
Joe Grant
Dick Huemer
Baseado enDumbo, de Helen Aberson e Harold Pearl
IntérpretesEdward Brophy
Herman Bing
Margaret Wright
Sterling Holloway
Cliff Edwards
MúsicaFrank Churchill
Oliver Wallace
EstudioWalt Disney Productions
DistribuidoraRKO Radio Pictures
Estrea1941
Duración64 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAnimación
Musical
Drama
Orzamento$813.000
Na rede
https://d23.com/a-to-z/dumbo-film/
IMDB: tt0033563 Filmaffinity: 644188 Allocine: 22037 Rottentomatoes: m/dumbo Mojo: dumbo Allmovie: vm454048 TCM: 73758 Metacritic: movie/dumbo-1941 TV.com: movies/dumbo Netlix: 60010304Editar o valor em Wikidata

Dumbo é un clásico filme de animación en Technicolor, baseado no libro homónimo de infantil por Helena Aberson e ilustrado por Harold Pearl, estreado o 23 de outubro de 1941, e distribuído por RKO Radio Pictures nas salas de cinema dos Estados Unidos. É o cuarto filme de animación producido por Walt Disney.

Características[editar | editar a fonte]

O personaxe principal é Jumbo Jr., un elefante antropomórfico que é cruelmente alcumado como Dumbo (en inglés, dumb significa tanto «mudo» como, despectivamente, «bobo»). É ridiculizado polas súas grandísimas orellas, aínda que descobre que pode voar usándoas como ás. O seu único amigo é o rato Timothy, parodiando o estereotipado terror dos elefantes cara aos roedores. Dumbo foi un exercicio deliberado de simplicidade e economía para o estudio Disney, actualmente considérase como un clásico da animación.

Sinopse[editar | editar a fonte]

As cegoñas chegan, como todos os anos, o circo para entregar os bebés ás súas respectivas mamás. A señora Jumbo, unha elefanta, descobre que o seu pequeno ten unhas orellas enormes; todas as súas compañeiras rinse do seu bebé, pero a señora Jumbo deféndelle sempre, ata o punto de ser encerrada por enfrontarse a todo aquel que se mofe do seu retoño. O pequeno Dumbo, maltratado e ridiculizado por todos os seus compañeiros, só conta coa axuda dun minúsculo rato chamado Timothy, que decide facer del unha estrela do circo.

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

O filme gañou un Oscar na categoría mellor banda sonora e foi nomeado na categoría de mellor canción, por Baby Mine. En 1947, Dumbo recibiu o premio ao mellor deseño animado no Festival de Cannes.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]