Doutrina e Convenios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Libro de Doutrina e Convenios é un dos libros considerados sagrados por varios grupos mormones xunto á Biblia, O Libro de Mormón e A Perla do Gran Prezo.

No seu contido atópase unha colección de instrucións para o establecemento e dirección da Igrexa, entre iso reunións e cerimonias, convenios, escritos por José Smith baixo a influencia do espírito santo e aceptadas polos seus membros como revelacións divinas ao mencionado Smith e aos seus sucesores na presidencia da Igrexa. Entre os grupos que o aceptan como escritura atópanse as dúas denominaciones con maior cantidade de membros fundamentadas no movemento mormón: a Igrexa de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días e a Comunidade de Cristo. Ambas versións difiren entre si en parte debido a que continuaron sendo escritas individualmente logo de ser formados os grupos durante a crise de sucesión trala morte de Joseph Smith en 1844. A versión en castelán da Comunidade de Cristo adoptou o nome de Doctrina y convenios.