Don Rosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Don Rosa
Nacemento29 de xuño de 1951
Lugar de nacementoLouisville
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade de Kentucky e St. Xavier High School
Ocupaciónartista de banda deseñada, escritor, guionista e ilustrador
CónxuxeAnn Payne
PremiosPremio Eisner, Bill Finger Award, Inkpot Award e Eisner Award para Best Writer/Artist
Na rede
IMDB: nm4040631 Musicbrainz: e75d175d-e953-4ead-8437-d60f5183183b Discogs: 2431434 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Keno Don Hugo Rosa,[1][2] coñecido polo nome artístico Don Rosa, nado en Louisville o 29 de xuño de 1951, é un guionista e deseñador estadounidense de historias en banda deseñada, considerado o sucesor artístico de Carl Barks.

En 1987, comezou a escribir as historias de banda deseñada de Disney do Pato Donald para as editoras Gladstone e Egmont, con énfase no Scrooge McDuck.[3]

Entre as obras de maior importancia está The Life and Times of Scrooge McDuck, que mostra, segundo os feitos e os datos presentados durante toda a obra de Carl Barks, como conseguiu facer a personaxe a súa fortuna.

É considerado o herdeiro artístico de Carl Barks, e acostuma facer continuacións directas de historias do mesmo.

Notas[editar | editar a fonte]