Domingo Antonio Merelles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDomingo Antonio Merelles
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor em Wikidata
A Hedreira Editar o valor em Wikidata
Morteséculo XIX Editar o valor em Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
Senador de España
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosAdolfo Merelles Caula Editar o valor em Wikidata

Domingo Antonio Merelles nado na Hedreira (Avión), foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou leis na Universidade de Santiago de Compostela. Vencellado aos negocios mineiros, adquiriu bens desamortizados. Mercou o pazo de Porteliña e estableceu a súa residencia en Beariz. Progresista radical, foi elixido deputado por Ourense en 1839 e 1841. Foi vogal da Xunta Superior Provisional de Goberno de Galicia presidida por Pío Rodríguez Terrazo en 1846. Participou na construción do Bienio Progresista. Converxeu na Unión Liberal e volveu ser elixido deputado polo Carballiño en 1858. Foi rexedor de Santiago de Compostela entre maio e decembro de 1866.[1] Foi elixido senador pola provincia de Ourense en 1871. Foi nomeado gobernador civil de Ourense en 1881.[2]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Santiago de Compostela con Antonia Caula, irmá de Pedro Caula e foi pai de Adolfo Merelles Caula.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]