Dobraxe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A dobraxe é unha técnica audiovisual aplicada a produtos cinematográficos e televisivos, consistente en substituí-los diálogos ditos polos actores nun idioma por outros diálogos idénticos (de aí que sexa precisa unha boa tradución e un bo "axuste" para a sincronía) noutro idioma. Os actores de dobraxe tratan de axusta-lo máis posible a súa interpretación á orixinal.

Tamén utilízase a dobraxe, malia non ser noutro idioma, polos mesmos actores ou outros que interpretasen a peza, para substituír pasaxes do diálogo en que o son gravado é defectuoso, por un deficiente rexistro de voz, en cancións, etc., dobrándose a si mesmo ou substituíndo a voz por outra máis axeitada.

Para proporcionar naturalidade ós diálogos dobrados, utilízase unha técnica denominada axuste, que procura manter a lonxitude das frases e facer coincidir determinados fonemas, especialmente os correspondentes ás letras labiais e oclusivas, cos do texto orixinal.

A dobraxe máis común é o dos filmes e dos documentais e series de televisión e mailos animes xaponeses que foron distribuídas internacionalmente. Os filmes en lingua estranxeira dóbranse na lingua local dos seus mercados para facelas máis accesibles ás audiencias que non están afeitas ós subtítulos.

A primeira dobraxe ao galego realizouse no ano 1981 a xeito de demostración, sen chegar a emitirse comercialmente en ningunha televisión nin cinema e foi o primeiro capítulo da serie española Os gozos e as sombras[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Arturo Maneiro 25 anos de Televisión de Galicia. De 1985 a 2010 p. 48" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de outubro de 2013. Consultado o 07 de xaneiro de 2014. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]