Dionisio de Halicarnaso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDionisio de Halicarnaso

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 60 a. C. Editar o valor em Wikidata
Halicarnaso Editar o valor em Wikidata
Morte7 a. C. Editar o valor em Wikidata (52/53 anos)
Roma Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaRoma (30 a. C.–) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador , escritor , orador Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

O grego Dionisio de Halicarnaso (Διονύσιος Ἀλεξάνδρου Ἁλικαρνᾱσσεύς: Dionisio fillo de Alexandre de Halicarnaso, nado ca. -60 e finado ca. -7, foi un historiador, crítico literario e profesor de retórica. Viviu en Roma na época de César Augusto.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Viaxou a Roma logo de finalizada a guerra civil, pasou vinte e dous anos estudando latín e literatura e preparando materiais para a súa historia. Durante ese período impartiu leccións de retórica e gozou da sociedade de personaxes moi distinguidos da época. A data da súa morte é descoñecida.

O seu gran traballo, titulado Ῥωμαική ἀρχαιολογία (Rhōmaikē arkhaiologia, Antigüidades romanas), abarca a historia de Roma desde o período mítico ata o comezo da Primeira guerra púnica.[1]

A obra foi dividida en 20 libros, dos cales os primeiros nove permanecen enteiros, o décimo e undécimo están case completos, e os restantes están incompletos nos extractos de Constantino Porfiroxéneta e un epítome descuberto por Angelo Mai nun manuscrito de Milán. Os tres primeiros libros de Apiano e Plutarco Vida de Camilo abarcan moito da vida de Dionisio.

O seu principal obxectivo foi reconciliar aos gregos co goberno do imperio romano, resaltando as cualidades dos seus conquistadores. De acordo con el, a historia é filosofía que se ensina con exemplos, esta idea tomouna seguindo o punto de vista dos retóricos gregos. Coidadosamente consultou as mellores fontes e o seu traballo e o de Tito Livio son os únicos que detallan a historia romana temperá.

O libro I ten un extenso prólogo onde expón a xustificación e o obxectivo da obra: cobre un baleiro, é de carácter didáctico, polémico e de agradecemento. É o propósito de Dionisio ensinar aos seus compatriotas gregos o carácter da fundación de Roma e os motivos da súa grande expansión. O noso autor considera que as etapas de fundación e de realeza son claves, e que estas non foron suficientemente desenvolvidas por outros historiadores, de feito o título da obra Romaniké Archaiología fainos pensar nos textos gregos que trataban sobre as fundacións dos pobos. Dionisio fai énfase nas orixes gregas de Roma e en que é o mérito -e non a Fortuna- o que lles conseguiu a hexemonía aos romanos. O historiador explica o éxito dos romanos polo feito de que eles perfeccionaran a herdanza grega no militar, o político e o cívico. As fontes de Dionisio son a analística romana (sobre todo a do s. I a.C.), Xerónimo de Cardia, Polibio, Timeo e Varrón, entre outros.

Dionisio é tamén o autor de varios tratados retóricos, nos cales demostra estudar a fondo os mellores modelos áticos:

  • A Arte da Retórica (que é máis ben unha colección de ensaios de teoría retórica), incompleto, e certamente non todo o seu traballo.
  • O Arranxo das palabras (Περὶ Συνθήσεως Ὀνομάτων), que trata sobre a combinación das palabras de acordo cos diferentes estilos de oratoria.
  • Sobre a imitación (Περὶ Μιμήσεως, Peri Mimeseos), un traballo fragmentado que trata sobre os mellores modelos nos diferentes tipos de literatura e as maneiras pertinentes de imitalos.
  • Comentarios sobre os oradores áticos (Περὶ τῶν Ἀττικῶν Ρητόρων), no cal unicamente trata de Lisias, Iseo, Isócrates e Dinarco.
  • O estilo admirable de Demóstenes (Περὶ λεκτικῆς Δημοσθένους δεινοτῆτος, Perì lektikês Demosthenous deinotetos).
  • Sobre o carácter de Tucídides (Περὶ Θουκιδίδου χαρακτῆρος), unha detallada pero, en conxunto, inxusta descrición.

Os dous últimos tratados son suplementados polas cartas a Cneo Pompeio Magno e Ameo (dúas).[2][3]

Estilo[editar | editar a fonte]

A súa prosa é aticista, tinguida de clasicismo, os preceptos retóricos que el mesmo expón pretende levalos ao acto na súa Arqueología por medio da imitación dos modelos preferidos (Lisias, Isócrates e Demóstenes). Como Isócrates, evita o hiato e compón unha prosa periódica, de Demóstenes toma as metáforas atrevidas. Confire á historia o ton retórico e pracenteiro que desprezaba Polibio (o seu antimodelo).

Utiliza o presente histórico e abunda no uso do optativo e na atracción do relativo, tamén fai un uso clasicista dos modos e os tempos. O léxico, como é corrente no helenismo, combina palabras da linguaxe corrente coas da lingua poética. Como carecía de vocabulario técnico, na súa obra retórica, utiliza 'nomes metafóricos'; finalmente, distíngueo a amplificación adxectival (o que lle confire un ton ampuloso e perifrástico).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Adolfo Domínguez Monedero: El tema de la colonización griega en las "Antigüedades romanas" de Dionisio de Halicarnaso.
  2. Carta a Pompeio: texto grego, con índice electrónico, no Proxecto Perseus. Empregando o rótulo activo "load", que se atopa na parte superior dereita, obtense axuda en inglés co vocabulario grego do texto.
  3. Sobre as expresións de Tucídides (Carta a Ameo): texto grego no Proxecto Perseus, coas características indicadas antes.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  1. Volumen I: Libros I-III. 1984. ISBN 978-84-249-0950-5.  (en castelán)
  2. Volumen II: Libros IV-VI. 1984. ISBN 978-84-249-0951-2.  (en castelán)
  3. Volumen III: Libros VII-IX. 1989. ISBN 978-84-249-1377-9.  (en castelán)
  4. Volumen IV: libros X-XI y fragmentos de los libros XII-XX. 1988. ISBN 978-84-249-1368-7.  (en castelán)
  • – (2001). Sobre la composición literaria; Sobre dinarco; Primera carta a Ameo; Carta a Pompeyo Gémino; Segunda carta a Ameo. Editorial Gredos. Madrid. ISBN 978-84-249-2290-0.  (en castelán)
  • – (2005). Tratados de crítica literaria: Sobre los oradores antiguos; Sobre Lisias; Sobre Isócrates; Sobre Iseo; Sobre Demóstenes; Sobre Tucídides; Sobre la imitación. Editorial Gredos. Madrid. ISBN 978-84-249-2759-2.  (en castelán)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]