Diogo de Azambuja

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Diogo de Azambuja
Nacemento1432
Lugar de nacementoMontemor-o-Velho
Falecemento1518
Lugar de falecementoMontemor-o-Velho
NacionalidadeReino de Portugal
Ocupaciónexplorador e militar
PremiosCavaleiro da Ordem de Avis e Comendador da Ordem de Avis
editar datos en Wikidata ]

Diogo de Azambuja, nado en Montemor-o Velho en 1432 e finado en 1518, foi un militar e explorador portugués que dirixiu unha expedición ao golfo da Guinea en 1481.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estivo ao servizo do infante Don Pedro, despois da batalla de Alfarrobeiro acompaña ao seu señor ao exilio. En 1458 participa con Afonso V de Portugal na conquista de Alcácer-Ceguer, nunha batalla en Alegrete contra os casteláns perde unha perna.

No golfo da Guinea fundou a fortaleza de São Jorge da Mina en 1482, clave para o rota comercial portuguesa coa India, regresa en 1484.