Dinastía ximena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Reis de Pamplona das dinastías íñiga e ximena. Sancho V (como Sancho I), Pedro I e Afonso I foron ademais reis de Aragón.

Co nome de dinastía ximena (ou dinastía de Navarra) coñécese a unha casa de condes e reis que gobernaron diferentes territorios da Península Ibérica durante a Idade Media:

A dinastía toma o seu nome do rei Ximeno e os seus descendentes, que serían primeiro señores de Áraba e posteriormente reis de Navarra.

O primeiro sería Sancho I de Navarra en 905. Esta dinastía gobernaría o Reino de Navarra até 1234, ano en que foi substituída pola dinastía Champaña.

Grazas aos matrimonios e alianzas a dinastía pasou a gobernar o Condado de Aragón, e o subseguinte Reino de Aragón, frecuentemente baixo o poder dos mesmos reis.

Introducíronse no condado de Aragón en 925 grazas ao matrimonio da condesa Andregoto Galindez co rei de Navarra García II Sánchez I. Esta dinastía manterase até 1162, ano en que Petronila de Aragón renuncia aos seus dereitos sobre o reino en favor do seu fillo Afonso II de Aragón, da casa de Barcelona.

A introdución no Reino de Castela prodúcese en 1029 a través do reinado do rei de Navarra Sancho III O Maior, que dividirá o seu reino entre os seus fillos; Fernando I de Castela será o continuador da dinastía, e o seu introductor no Reino de León, que recibiría da súa esposa.

A dinastía finalizaría con Urraca I de León, raíña de Galicia, de León e de Castela, que dará paso á dinastía de Borgoña, que inicia o seu fillo Afonso Raimúndez (Afonso VII O Emperador).

O texto máis antigo que se refire a este monarca é do ano 781.

Pai de Garcí Ximénez e de Íñigo Ximénez, que serían monarcas, en diferentes partes, aínda que até agora non foi posíbel precisar os lugares.

Fillo do rei Ximeno, casou con Onneca Rebelle de Sangüesa, da que naceron o rey Íñigo Garcés e Sancha.

Dun segundo matrimonio con Dadildis de Pallars (irmá do conde Ramón de Pallars) naceron o rei Sancho Garcés (non confundir con Sancho Garcés I de Navarra) e Ximeno Garcés.

  • Íñigo Ximénez (842)

Fillo do rei Ximeno, este rei foi coetáneo do seu irmán García Ximénez. As noticias deste monarca son escasas e a maior parte da documentación, falsificada. Considérase que, xunto a Onneca, foi o pai de Íñigo Íñiguez (824-852), fundador da dinastía íñiga.

Era fillo do rei García Ximénez e de Onneca de Sangüesa.

Casou con Ximena e foron pais de García Íñiguez, Ximeno Íñiguez, Fortún Íñiguez, Sancho Íñiguez e dona Toda, que casou con García Íñiguez de Olza.

Fillo de García Ximénez e Dadildis de Pallars. Confúndese a miúdo co seu homónimo Sancho Garcés I de Pamplona.

Casou cunha filla do conde de Aragón Galindo Aznar I, da que naceron o rei Íñigo Sánchez (en fontes árabes aparece como rei dos bascóns) e Velasquita, que casou con Mutarrif, fillo de Mussa II.

Non hai que confundilo con García Íñiguez, rei de Pamplona entre os anos 851 e 880.

Fillo do rei Íñigo Garcés e da raíña Ximena. Foi irmán de Ximeno Íñiguez, Fortún Íñiguez e de Sancho Íñiguez, que fuxiron a Córdoba.

Foi gobernante da Valdonsela e morreu na batalla de Liédena o ano 861.

Rei de Pamplona durante a rexencia por ausencia do herdeiro entre 870 e 880. Fillo de Ximeno Garcés.

Casou con Urraca, da que naceron o rei Sancho Garcés I de Navarra, Íñigo Garcés e o rei Ximeno Garcés de Navarra.

Rei de Pamplona entre os anos 905 e 925.

Fillo de García Íñiguez, descendente da dinastía Ximena. Á morte de García I Íñiguez no ano 870, foi gobernante da Valdonsela e pronto retomou unha política militar de liderado en todos os territorios circundantes, sendo o primeiro en intentar conquistar a Ribeira do Ebro.

Co apoio do rei asturiano Afonso III de Asturias (con parentes mutuos en Áraba-Castela), xunto co conde de Pallars ocuparía Pamplona, forzando a Fortún Garcés a abdicar do trono.

Deixando ao lado dalgún modo os dereitos patrimoniais dos fillos de Fortún Garcés, os cales permanecerían aínda así na Corte, estes recaerán na súa neta Toda de Larraún, que estaba casada con Sancho Garcés I, e lle reforzarían en valer dentro da familia e ser aceptado como rei de Pamplona en 905, sucedendo a dinastía Ximena á Íñiga en levar as rendas de Navarra durante to de máis de tres séculos.

Armas dos Ximénez.

Monarcas[editar | editar a fonte]

Emperadores en letra negra. Data de asunción do título imperial entre parénteses.

Navarra[editar | editar a fonte]

Unión con Aragón 1076 a 1134.
Navarra á casa de Champaña en 1234.

Castela, León e Galicia[editar | editar a fonte]

  • 1035–1065 Fernando I (1056), fillo de Sancho III
Recibe León e Galicia en 1037.
Galicia á casa de Borgoña en 1111, León e Castela en 1126.

Sobrarbe e Ribagorza[editar | editar a fonte]

  • 1035–1043 Gonzalo, fillo de Sancho III
Sobrarbe e Ribagorza incluído en Aragón en 1043.

Aragón[editar | editar a fonte]

Aragon á casa de Barcelona en 1137.

Viguera[editar | editar a fonte]

Viguera incluída en Navarra en 1030.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]