Dinastía dos Capetos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo trata sobre a dinastía dos Capetos. Para a súa rama principal, que gobernou Francia entre os anos 987 e 1328, véxase Casa dos Capetos.
Dinastía dos Capetos
Arms of the Kingdom of France (Ancien).svg
Casa maternaDinastía Robertina
Títulos rei de Francia
duque de Borgoña
rei de Portugal
emperador latino
rei de Nápoles
rei de Sicilia
príncipe de Acaia
rei de Navarra
but rder rei de Hungría
duque de Orleáns
conde de Borgoña
rei de Polonia
conde de Flandres
duque de Brabante
copríncipe de Andorra
duque de Luxemburgo
duque de Lorena
conde de Holanda
rei de España
duque de Milán
duque de Parma
rei de Etruria
rei das Dúas Sicilias
duque de Lucca
emperador do Brasil
gran duque de Luxemburgo etc.
FundadorHugo Capeto
Fundación987
Último soberano:
Lois Filipe I de Francia
24 de febreiro de 1848.[1]
Actual xefe:
Disputa dinástica.[2]
Etniafranca
Ramas menoresCasa de Anjou

Casa de Borgoña

Casa de Valois

Casa de Évreux
Casa de Borbón

Escudo da Casa de Francia, rama principal da dinastía.
As tres flores de lis de ouro sobre fondo azul encóntranse na maioría dos escudos das ramas novas como, por exemplo, o do rei de España.

A dinastía dos Capetos[3] (en francés: Capétiens) é unha das máis importantes dinastías reais de Europa e, segundo algúns estudosos, a máis antiga, remontándose a súa orixe ao século VII, aínda que con algunha dificultade.

Os Capetos costitúen a terceira dinastía dos reis de Francia, despois dos Merovinxios e os Carolinxios.[4]

Inclúe todos os descendentes de Hugo Capeto (938-993), duque de París, rei de Francia e fundador da liñaxe.

Na súa liña directa, a dinastía reinou en Francia desde 987 a 1328, ano da morte de Carlos IV. O trono francés pasou daquela as rama colaterais: a Casa de Valois, a Casa de Borbón e, finalmente, á rama máis nova desta última, a Casa de Orleáns. Outras ramas da familia foron, en ocasións, condes e duques de Borgoña, duques da Bretañaa, de Parma, reis de Navarra, de Sicilia, de Nápoles, das Dúas Sicilias, de Hungría, de Portugal, emperadores latinos de Constantinopla e emperadores do Brasil;así mesmo algúns dos seus membros foron gobernantes do ducado de Lucca e dos reinos de Etruria e de Polonia.

O rei de España Filipe VI, así como o gran duque de Luxemburgo Henrique, son os únicos monarcas europeos que pertencen agnaticamente á dinastía,[5] ambos os dous a través da rama borbónica. Todos os demais monarcas europeos reinantes tamén descenden de Hugo Capeto, pero por vía cognaticia.

Títulos dos Capetos[editar | editar a fonte]

En máis de mil anos de presenza case ininterrompida sobre os tronos europeos, representantes das diferentes ramas da dinastía gobernaron sobre varios países:

A estas coroas sumáronse varios grandes ducados, condados e marquesados independentes:

Orixe dos Capetos[editar | editar a fonte]

En 987, á morte de Lois V de Francia, último rei carolinxio, Hugo Capeto, duque de Francia e conde de París, fillo de Hugo o Grande, foi elixido rei no Castelo real de Senlis,<ref>[6] pola nobreza e o clero francos, fundando así unha nova dinastía real.

Antepasados: os Robertianos[editar | editar a fonte]

Hugo Capeto, cabeza da dinastía, nun retrato moderno.

Non se coñecen moi ben as orixes antigas dos Capetos. Existen dúas versións. A primeira fai dos Capetos unha familia oriúnda das beiras do río Rin, descendente dos saxóns. Esta idea foi apoiada en particular polos historiadores alemáns, que pretendían mostrar o predominio do elemento xermánico. Explican a existencia desta versión co feito de que a nai de Hugo Capeto era saxoa. Porén, a maioría dos historiadores franceses prefire a segunda versión, máis probábel, que sitúa os antepasados dos Capetos no centro da Francia actual. Unha versión mixta fai descender os Capetos dos saxóns, pero dunha poboación presente na Galia desde as invasións bárbaras do século V.

O antepasado máis antigo coñecido con certeza é Roberto o Forte, morto en 866, marqués de Neustria e fundador da Casa Robertina, que se destacou na loita contra os viquingos. O seu fillo máis vello, asentado en París co título de conde, foi elixido rei da Francia Occidental en 887 co nome de Eudes I, polo valor que demostrou na resistencia fronte ao ataque dos normandos (en París entre 885-886), tras a deposición do emperador Carlos III o Gordo. Porén, presionado por Arnulfo de Carintia, rei da Francia Oriental, que decidiu defender a causa do herdeiro lexítimo Carlos III o Simple, Eudes tivo que aceptar as súas pretensións e nomealo como sucesor en 898, ano da súa morte.

Roberto, irmán de Eudes, a quen sucedeu como conde de París, tomou parte no movemento do ano 921, cando parte da nobreza franca e o clero se levantaron en contra de Carlos o Simple. Tras derrotar a Carlos, que foi conducido a Lorena, Roberto foi coroado en Reims o 29 de xuño de 922. Carlos o Simple reuniu un exército enfrontándose con el en xuño de 923, cerca de Soissons, onde Roberto morreu asasinado. Carlos non puido recuperar o trono e foi confinado. Unha asemblea de nobres designou a Raúl, duque de Borgoña, como o seu sucesor. Os carolinxios recuperaban o trono por última vez.

O fillo de Roberto, Hugo o Grande (897-956), duque de Francia e conde de París, foi o nobre máis poderoso da súa época. Aínda que tivo oportunidade, prefiriu aumentar as súas posesións e a súa forza antes que tomar o trono. Era unha especie de vicerrei, tan poderoso como o monarca, que preparou a sucesión para o seu fillo Hugo Capeto.

O fundador: Hugo Capeto[editar | editar a fonte]

Cando Carlos IV o Fermoso (último fillo de Filipe IV o Fermoso en ser coroado) faleceu en 1328 sen deixar un herdeiro varón que o substituíse no trono, unha rama nova descendente dos Capeto, os Valois, tomou o control do reino de Francia. A dinastía Valois partiu do irmán máis novo de Filipe IV, Carlos de Valois, conde de Valois, e o primeiro rei desta casa foi o fillo do conde Carlos: Filipe VI de Valois. Despois foron outras dúas ramas novas, os Bourbon e logo os Orléans, os que se sucederon no trono. Cando o último descendente da rama morría sen deixar herdeiro ao trono, os nobres acudían a revisar a dinastía Capetina a partir do seu grande e amado rei San Lois IX (avó do Rei de Ferro), único rei francés canonizado. Así, todos os reis de Francia desde Hugo Capeto até o último, Lois Filipe I, sen contar os emperadores Bonaparte, pertenceron á dinastía dos Capeto, dando o seu nome oficial á Casa de Francia.

Lista de ramas colaterais[editar | editar a fonte]

Como se comentou anteriormente, a dinastía dos Capetos, a máis antiga dinastía real de Europa, posuía numerosas ramas colaterais que xogaron un papel importante no continente europeo. Velaquí unha lista que as describe:

Xenealoxía dos reis de Francia[editar | editar a fonte]

Árbore xenealóxica dos reis de Francia da Casa dos Capetos
Inclúe os Robertianos (en rosa), os Capetos directos (en azul), os Valois (en amarelo), os Valois-Orleans e Valois-Angulema (en verde), os Borbón (en fucsia) e os Orleáns.
Nota: nalgúns casos, o parentesco era máis próximo por liña feminina; porén, xa que unicamente contaba a sucesión sálica, só se incluíron os antepasados varóns.
Relacións de parentesco.
Nome Datas de reinado Parentesco
Capetos directos
Hugo Capeto 987-996 Fillo de Hugo o Grande e Eduvixe de Saxonia
Roberto II o Piadoso 996-1031 Fillo de Hugo Capeto e Adelaida de Poitou
Henrique I 1031-1060 Fillo de Roberto II e Constanza de Arlés
Filipe I 1060-1108 Fillo de Henrique I e Ana de Kíiv
Lois VI o Gordo 1108-1137 Fillo de Filipe I e Berta de Holanda
Lois VII o Mozo 1137-1180 Fillo de Lois VI e Adelaida de Savoia
Filipe II Augusto 1180-1223 Fillo de Lois VII e Alicia de Champaña
Lois VIII o León 1223-1226 Fillo de Filipe II e Isabel de Hainaut
Lois IX ou San Lois 1226-1270 Fillo de Lois VIII e Branca de Castela
Filipe III o Atrevido 1270-1285 Fillo de Lois IX e Margarida da Provenza
Filipe IV o Fermoso 1285-1314 Fillo de Filipe III e Isabel de Aragón
Lois X o Obstinado 1314-1316 Fillo de Filipe IV e Xoana I de Navarra
Xoán I o Póstumo 1316-1316 Fillo de Lois X e Clemencia de Hungría
Filipe V o Longo 1316-1322 Fillo de Filipe IV e Xoana I de Navarra
Carlos IV o Fermoso 1322-1328 Fillo de Filipe IV e Xoana I de Navarra
Rama de Valois
Filipe VI de Valois 1328-1350 Fillo de Carlos de Valois e Margarida de Anjou-Sicilia
Xoán II o Bo 1350-1364 Fillo de Filipe VI e Xoana de Borgoña
Carlos V o Sabio 1364-1380 Fillo de Xoán II e Bona de Luxemburgo
Carlos VI o Tolo 1380-1422 Fillo de Carlos V e Xoana de Borbón
Carlos VII o Vitorioso 1422-1461 Fillo de Carlos VI e Isabel de Baviera
Lois XI o Prudente 1461-1483 Fillo de Carlos VII e María de Anjou
Carlos VIII o Afábel 1483-1498 Fillo de Lois XI e Carlota de Savoia
Ramas de Valois-Orléans e Valois-Angulema
Lois XII o Pai do Pobo 1498-1515 Fillo de Carlos I de Orleáns e María de Clèves
Francisco I 1515-1547 Fillo de Carlos de Angulema e Luísa de Savoia
Henrique II 1547-1559 Fillo de Francisco I e Claudia de Francia
Francisco II 1559-1560 Fillo de Henrique II e Catarina de Medici
Carlos IX 1560-1574 Fillo de Henrique II e Catarina de Medici
Henrique III 1574-1589 Fillo de Henrique II e Catarina de Medici
Rama de Borbón
Henrique IV o Grande 1589-1610 Fillo de Antón de Borbón e Xoana III de Navarra
Lois XIII o Xusto 1610-1643 Fillo de Henrique IV e María de Médicis
Lois XIV o Rei Sol 1643-1715 Fillo de Lois XIII e Ana de Austria
Lois XV o Ben Amado 1715-1774 Fillo de Lois, duque de Borgoña e María Adelaida de Savoia
Lois XVI 1774-1792 Fillo de Lois, Delfín de Francia e María Xosefina de Saxonia
Lois XVIII 1814-1824 Fillo de Lois, Delfín de Francia e María Xosefina de Saxonia
Carlos X 1824-1830 Fillo de Lois, Delfín de Francia e María Xosefina de Saxonia
Rama de Orleáns
Lois Filipe I 1830-1848 Fillo de Lois Filipe II de Orleáns e Luísa María de Borbón

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Carlos IV foi o último rei capeto da rama principal, que se extinguiu en 1328. Descendentes directos de Hugo Capeto reinan en España, con Filipe VI desde o 2014, e en Luxemburgo, con Henrique I desde o 2000.
  2. Lois Afonso de Borbón e Martínez-Bordiú pola rama de España, e Henrique de Orleáns pola rama de Orleáns.
  3. É un erro moi común identificar os conceptos de dinastía e liñaxe, xa que, en sentido propio, son cousas distintas. A pertencia á liñaxe real baséase no simple vínculo de sangue (vínculo familiar), pero a pertenza a unha dinastía implica a idea de sucesión no cargo a título de rei por dereito (sería un título dinástico). Un exemplo, se se accede á condición de rei por matrimonio cunha raíña, o título atributivo da condición rexia dese varón é o matrimonio, aínda que tivera dito rei consorte unha avoa da liñaxe de dita raíña. O título non sería dinástico se a avoa non puidese atribuírlle a condición de rei, só a liñaxe.
    Do contrario, calquera descendente colateral (por exemplo calquera descendente nun grao remotísimo dun primo irmán) debería incluírse como membro da dinastía, sendo máis propio incluílo na liñaxe polo seu vínculo de sangue, pero non na dinastía (ao quedar separado durante varias xeracións da sucesión a título de rei).
    Por iso cando neste artigo se menciona a dinastía dos Capetos faise en sentido non estrito, como equivalente á liñaxe dos Capetos.
  4. Tradicionalmente a historia dinástica francesa iniciouse coa sucessión Merovinxios-Carolinxios-Capetos. - Paradisi, Gioia (2004). "Enrico II Plantageneto, i Capetingi e il peso della storia: sul successo della Geste des Normanz di Wace e della Chronique des ducs de Normandie di Benoît". Critica del testo 7 (1): 31. Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2016. Consultado o 11 de febreiro de 2018. 
  5. Denomínase agnación ao parentesco de consanguinidade entre descendentes por vía masculina unilineal, é dicir, que son descendentes dun antepasado común por vía paterna a través dunha mesma liña de sangue.
  6. Duby 1998, p. 267.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Barthélemy, Dominique (2012): Nouvelle Histoire des Capétiens. 978-1214. París: Le Seuil. ISBN 978-2-0208-5163-3.
  • Duby, Georges (1998): Storia di Francia: Nascita di una nazione, dinastie e rivoluzioni dalle origini al 1852. Vol. 1. Milán: Bompiani. ISBN 88-452-2112-1.
  • Gobry, Ivan (2001): Les Capétiens, 888-1328, París: Éditions Tallandier. ISBN 978-2-2350-2291-0.
  • Kerrebrouck, Patrick van (2000): Les Capétiens, 987-1328. Ed. P. van Kerrebrouck. ISBN 978-2-9501-5094-3.
  • Rials, Stéphane (1987): Le miracle capétien. París: librairie académique Perrin. Col. "Passé simple". ISBN 978-2-2620-0433-0.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]