Digital Fortress

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Digital Fortress
Autor/aDan Brown
OrixeEstados Unidos de América e Reino Unido
Lingualingua inglesa
Xénero(s)techno-thriller, suspense e ciencia ficción
EditorialSt. Martin's Press, Transworld Publishers e Qanun
Data de pub.1998
editar datos en Wikidata ]

Digital Fortress ("fotaleza dixital"), é a primeira novela de ciencia ficción escrita polo norteamericano Dan Brown, publicada en 1998.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Susan Fletcher é unha criptógrafa estrela da NSA, unha axencia de intelixencia estadounidense especializada na interceptación de información. Susan e chamada polo xefe do departamento de criptografía para que lle axude cunha emerxencia; un ex-membro da NSA, Ensei Tankado desenvolveu un algoritmo que nin o maior ordenador do mundo especializado na desencriptación o deu conseguido, o ordenador é o TRANSLTR en poder da NSA obviamente. Ensei Tankado colgou o programa criptográfico na súa web, pero estaba autocifrado e tiña a intención de vender o contrasinal que o descifraba a empresa que lle pagara máis por el. A única forma de que non publique o contrasinal é que a NSA recoñeza a existencia do TRANSLTR; se Tankado morrese asasinado pola NSA un compañeiro sería o encargado de revelarlle a todo o mundo o contrasinal. A NSA esta en crise, xa que se o programa se distribúe non poderán descifrar as mensaxes.

Ensei Tankado aparece morto en Sevilla, supostamente por un ataque o corazón, a NSA debe atopar o amigo de Tankado que ten o contrasinal, pero sen que este se entere de que morreu xa que podería dar a coñecer o contrasinal do programa e entón sería a ruína para a NSA.

Mentres Trevor Strathmore envía a David Becker a España para que leve todas as pertenzas de Ensei Tankado a NSA para atopar algunha pista.

Código criptográfico[editar | editar a fonte]

Ó remate do libro aparece o seguinte código: 128 - 10 - 93 - 85 - 10 - 128 - 98 - 112 - 6 - 6 - 25 - 126 - 39 - 1 - 68 - 78

Para descifralo debemos anotar a primeira letra do capítulo correspondente a cada número. Unha vez feito sae a luz a mensaxe We are watching you, que significa Estamoste observando, referíndose ó lema da NSA que o controla todo.

  • Nota: O código só ten sentido na versión inglesa do libro.

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Susan Fletcher: Criptógrafa da NSA
  • David Becker: Mestre de idiomas na universidade de Georgetown e prometido de Susan Fletcher
  • Trevor Strathmore: Subdirector da NSA e xefe do departamento de criptografía
  • Ensei Tankado: Ex-criptógrafo da NSA, creador do programa Fortaleza Dixital
  • Greg Hale: Criptógrafo da NSA, ex-marine
  • Leland Fontaine: Director da NSA
  • Midge Milken: Analista de seguridade internaNSA
  • Hulohot: Asasino enviado por Strathmore para matar David Becker e a todos os que viran o anel de Ensei Tankado.
  • Chad Brinkerhoff: Oficinista de Fontaine
  • Phil Chartrukian: Empregado do Dpt. de Sys-sec da NSA
  • Tokugen Numataka: Empresario xaponés dono dunha gran multinacional, e pai de Ensei Tankado
  • Jabba: Experto en seguridade informática

Polémica[editar | editar a fonte]

A novela provocou unha polémica sobre todo nos cidadáns de Sevilla xa que o autor reflicte esta cidade como corrupta e terceiromundista.