Diego Mariño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Diego Mariño
Información persoal
Nome Diego Mariño Villar
Nacemento 9 de maio de 1990 (33 anos)
Lugar de nacemento Vigo
Altura 1,87 m.
Posición Porteiro
Información de club
Club actual Sporting de Gijón
Número 13
Carreira xuvenil
Santa Mariña
1998–2000 Rápido de Bouzas
2000–2003 Sárdoma
2003–2004 Areosa
2004–2008 Villarreal
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2008–2010 Villarreal C 48 (0)
2010–2012 Villarreal B 72 (0)
2012–2013 Villarreal 9 (0)
2013–2015 Valladolid 28 (0)
2014–2015Levante (cedido) 32 (0)
2015–2016 Levante 23 (0)
2016– Sporting de Gijón 185 (0)
Selección nacional
2008–2009 España sub-19 6 (0)
2009 España sub-20 1 (0)
2011– España sub-21 6 (0)
2012 España sub-23 3 (0)
2016– Galicia 1 (0)
Na rede
Twitter: Dmarino90 FIFA: 274373 UEFA: 250005186 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 4 de xaneiro de 2022.
Selección: actualizado a 20 de maio de 2016editar datos en Wikidata ]

Diego Mariño Villar, nado en Vigo o 9 de maio de 1990, é un futbolista galego, que xoga de porteiro. Dende 2016 milita no Sporting de Gijón.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezos (1990-2004)[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao fútbol en varios equipos vigueses como o Santa Mariña, o Rápido de Bouzas, o Sárdoma e o Areosa. Comezou a destacar na portería deste último, e en 2004 interesáronse por el os observadores do Villarreal, club que o fichou para a súa canteira.[1]

Paso polo Villarreal (2004-2013)[editar | editar a fonte]

Pasou polas categorías inferiores do club amarelo e polo Villarreal C, e na tempada 2010/11 subiu ao Villarreal B, que militaba na Segunda División.[2] Debutou na primeira xornada, contra o Real Valladolid no José Zorrilla, e foi titular durante 38 dos 42 partidos de liga no equipo de Javi Gracia. Repetiu como gardameta titular na seguinte campaña, que comezou con Molina no banco, pero o filial acabou perdendo a categoría a pesar de acabar 12º, arrastrado polo descenso do primeiro equipo.[3]

Na tempada 2012/13 subiu ao primeiro equipo do Villarreal, pero disputou só dez encontros, sendo o gardameta titular Juan Carlos. O equipo logrou ese mesmo ano o ascenso, ao quedar segundo por detrás do Elche.

Real Valladolid (2013-2014)[editar | editar a fonte]

Na campaña seguinte (2013/14) fichou polo Valladolid, da Primeira División, asinando un contrato por cinco anos.[4] Debutou na máxima categoría na primeira xornada, nun partido na casa contra o Athletic, que acabou en derrota por 1-2, sendo Susaeta o primeiro en marcarlle un gol. Baixo as ordes do adestrador Juan Ignacio disputou 28 partidos durante a campaña, na que o equipo acabou descendendo.

Levante (2014-2016)[editar | editar a fonte]

Para a seguinte tempada saíu cedido ao Levante, facendo efectiva unha cláusula do seu contrato que lle permitía unha cesión a un equipo de Primeira en caso de que o Valladolid descendese.[5] Disputou 32 encontros no Levante, e ao remate da competición o club quedou co xogador en propiedade, despois de pagar o seu traspaso.[6] Comezou a tempada 2015/16 como suplente do tamén galego Rubén Martínez,[7] pero acabou facéndose coa titularidade trala 15ª xornada. Con todo, o equipo valenciano acabou descendendo, e Mariño foi traspasado ao Sporting de Gijón.[8]

Sporting de Gijón (2016-actualidade)[editar | editar a fonte]

Na súa primeira tempada no Sporting, co equipo en Primeira, apenas dispuxo de minutos, sendo o gardameta titular o emeritense Iván Cuéllar. Fíxose coa titularidade no seu segundo ano en Xixón, tralo descenso a Segunda, e ocupou a portería do club durante o seguinte lustro, xogando preto de 200 partidos.

A cidade de Vigo ós seus atletas.[9]

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Foi internacional en todas as castegorías inferiores da selección española.[10] Coa selección sub-17 chegou á final do Mundial de 2007 en Corea do Sur, mentres que coa sub-21 conquistou dúas Eurocopas, en 2011 e 2013, as dúas como suplente de David de Gea.[1] En 2012 foi seleccionado para disputar os Xogos Olímpicos de Londres, onde estivo de novo como suplente de De Gea.[11]

No 2016 representou a Galicia no partido amigable que a selección galega disputou contra Venezuela en Riazor, compartindo a portería co céltico Sergio Álvarez.[12]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Selección española sub-21

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "El sueño de Diego Mariño" (en castelán). 22 de xullo de 2012. Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  2. "El vigués Diego Mariño jugará el próximo curso en el Villarreal B". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de xuño de 2010. Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  3. "El filial se ve obligado a descender a Segunda B tras el descenso del Villarreal" (en castelán). 14 de maio de 2012. Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  4. "Diego Mariño ficha por cinco años con el Valladolid". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de xullo de 2013. Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  5. "La LFP da la razón al Levante y Mariño jugará cedido" (en castelán). 29 de xullo de 2014. Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  6. "Diego Mariño, de nuevo (y definitivamente) al Levante" (en castelán). 31 de agosto de 2015. Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  7. "Pelea entre los porteros del Levante por la titularidad" (en castelán). 17 de decembro de 2015. Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  8. "El Levante traspasa a Mariño al Sporting" (en castelán). 1 de xullo de 2016. Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  9. "Vigo rende homenaxe aos seus olímpicos e paralímpicos cun monumento". VigoÉ. 13/10/2016. 
  10. "Mariño, convocado por España sub-21". El Periódico Mediterráneo (en castelán). Consultado o 2020-02-07. 
  11. "El Sporting cierra el fichaje de Diego Mariño" (en castelán). 5 de xullo de 2013. Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  12. Bouzas, Fabián (21 de maio de 2016). "La selección gallega empata con Venezuela en su fiesta del fútbol". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 3 de decembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]