Desprazamento (náutica)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marcas de calado no casco dun navío.

O desprazamento dun buque é o peso da auga desaloxada na súa flotabilidade segundo o Principio de Arquímedes. Equivale ó volume somerxido polo peso específico da auga na que flota.

A unidade utilizada para expresar o desprazamento é a tonelada (no sistema anglosaxón, toneladas largas; en inglés, long tons).

Debe distinguirse entre varios conceptos:

  • Desprazamento en rosca (en inglés, lightweight displacement): o peso do buque tal como o entrega o estaleiro, quere dicirse, sen combustible, equipos, víveres nin tripulantes.
  • Desprazamento en estándar (ou desprazamento livián): o peso do buque completo, comprendendo o dos equipos (botes, instrumentos de navegación etc.) máis tripulación coa súa equipaxe, víveres, munición (no caso dos buques de guerra), auga doce, aceite lubricante etc. Quedarían excluídos o combustible máis a auga de reserva para as caldeiras.
  • Desprazamiento en lastre: o peso do buque en rosca máis todo o necesario para que poida navegar (combustible, auga potable, provisións e equipos), pero sen carga.
  • Desprazamiento máximo: o peso que alcanza cando está somerxido ata a liña de máxima carga. Se non se especifica outra cousa, o concepto de desprazamento dun buque corresponde ó desprazamento máximo.

A diferenza entre o desprazamento máximo e o desprazamento en rosca denomínase tonelaxe de porte bruto ou tonelaxe de peso morto, TPM, (en inglés, deadweight tonnage). Así, a tonelaxe de peso morto inclúe o peso da carga, o dos pasaxeiros e tripulación, e mais o dos consumibles (combustible, víveres, auga potable etc.).

A diferenza entre o desprazamiento máximo e o desprazamento en lastre coñécese como capacidade de carga, e indica o peso da carga que se pode transportar nese buque. Non é utilizado habitualmente polos operadores de transporte marítimo.

A medida que aumenta a carga -como elemento de maior variabilidade nun barco- o casco somérxese cada vez máis e modifícanse distintos valores como o propio desprazamento, o calado, a área do plano de flotación, a posición do centro de flotación etc.

Cómpre destacar que, para unha mesma condición de carga, un buque ten un único desprazamento, outros parámetros, coma o calado, dependerán de que o barco flote en augas doces (cunha densidade de 1,000 t/m3) ou en auga salgada (1,025 t/m3).

Descrición náutica[editar | editar a fonte]

No sector naval emprégase o disco de francobordo, marca Plimsoll, nos costados do buque para indicar o máximo calado.

Curvas de Von Jean.

En deseño naval empréganse as curvas de Von Jean, indican o calado en función do desprazamento.