Deseñador gráfico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na tradición artística do século XX, un deseñador gráfico é o profesional contratado para preparar a imaxe corporativa dunha empresa ou dun produto visual (anuncio, programa televisivo). Nunha acepción máis actualizada debido ó auxe da informática, é a persoa encargada de manter a aparencia dun sistema (p.ex., un sitio web) dun xeito determinado, que normalmente inclúe o obxectivo de xeración de interese a través da visualización mesma e a facilidade de uso a través da estética.

Traballo do deseñador gráfico[editar | editar a fonte]

O deseño gráfico ten tres funcións esenciais. Primeiro, « identificar », dicir o que é unha cousa ou indicar de onde provén (logotipo de albergue, carca de albanel, símbolo de editores e impresores, logotipo de empresa, etiqueta de embalaxe).

A súa segunda función cobre o que os especialistan chaman « deseño informativo », ou sexa, « informar » e « instruír », indicando a relación entre varias cousas en termos de dirección, posición ou escala (plano, diagrama, paneis indicadores).

O terceiro papel que se lle asigna (moi diferente dos anteriores), é « presentar » e « promover » (carteis, publicidade) a fin de captar a atención e impor unha mensaxe.

Na actualidade, o deseño gráfico forma parte da cultura e a economía dos países industrializados. Baixo a influencia de presións comerciais e das tecnoloxías de punta, ven a luz novas formas gráficas, mais os deseñadores continúan a ter a súa referencia no pasado; a revolución informática permite gardar as imaxes, reusalas, manipulalas eensamblalas seguindo unha estética contemporánea. O deseño gráfico constitúe así un xeito de lingua na que a gramática estaría indefinida e o vocabulario medraría sen fin.

Vocabulario[editar | editar a fonte]

  • Caracteres: signos tipográficos (puntuación, ornamento, cifra, letra)
  • Corpo: medida, expresada en puntos, asociada ó tamaño da letra.
  • Denotación e connotación.
  • Fonte: a fonte define un carácter nun estilo dado.
  • Grosor: espesor dos trazos dos caracteres.
  • Tipo: conxunto das fontes dun mesmo carácter.
  • Publicación asistida por ordenador.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]