Des Knaben Wunderhorn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Imaxe da primeira edición do poemario

Das Knaben Wunderhorn (O rapaz do corno máxico en tradución literal ó galego) é unha colección de poemas folclóricos recollidos por Achim von Arnim e Clemens Brentano a comezos do século XIX.

Orixe[editar | editar a fonte]

A obra foi publicada en dúas partes no 1805 e no 1808 na cidade de Heidelberg. Esta recollía cancións populares do sur de Alemaña que nalgúns casos foron modificadas e adaptadas por Arnim e Brentano. Naquela época (guerras napoleónicas, desenvolvemento do liberalismo político e do nacionalismo) as tradicións e expresións populares dos pobos tiñan grande acollida nos eidos culturais europeos. Os tres volumes da obra, adicados ó poeta Goethe, acadaron un grande éxito.

Influencias posteriores[editar | editar a fonte]

Esta obra tivo un grande impacto no compositor Gustav Mahler. Outros compositores que musicaron algún dos poemas foron Felix Mendelssohn, Robert Schumann, Carl Loewe, Johannes Brahms e Alexander von Zemlinsky.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Libreto do CD: Des Knaben Wunderhorn. Sarah Conolly, Dietrich Henschel. Orquestre des Champs-Élysées. Harmonia Mundi, s.a.