Demografía de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

España tiña unha poboación de 46  934 632 ao 1 de xaneiro de 2019, segundo o Instituto Nacional de Estadística (INE).[1] Trátase do quinto país máis poboado da Unión Europea[2]; con todo, a súa densidade de poboación (92.7 hab/km² segundo Eurostat 2017) é menor que a da maioría doutros países da Unión Europea.[3]

Poboación por idade[editar | editar a fonte]

Distribución por idade da poboación española (1900)[4]
Grupo de idade %
0 a 14 anos 33,52 %
15 a 29 anos 24,36 %
30 a 44 anos 19,24 %
45 a 59 anos 13,94 %
60 a 74 anos 7,51 %
75 anos e máis 1,42 %
Distribución por idade da poboación española (2018)[5]
Grupo de idade %
0 a 14 anos 14,83%
15 a 29 anos 15,19%
30 a 44 anos 22,53%
45 a 59 anos 22,59%
60 a 74 anos 15,44%
75 anos e máis 9,41%

A idade media da poboación residente en España no ano 2006 era de 40,1 anos: 38,7 anos para os homes e 41,4 anos para as mulleres.[6] O 15,3 % da poboación tiña menos de 16 anos, o 69 % tiña entre 16 e 65 anos, mentres que o 15,7 % da poboación tiña máis de 65 anos. Ameazada a sociedade española dun envellecemento irreversible da poboación, a chegada de inmigrantes desde os anos 1990 freou este proceso: a idade media da poboación estranxeira residente en España era de 32,8 anos no 2004, fronte a 41,0 anos de media dos nacionais.

Distribución da poboación de máis de 65 anos en España (2005).

As comunidades autónomas que presentaban unha maior porcentaxe de poboación maior de 65 anos eran, segundo INE 2006, Castela e León (22,60 %), Asturias (21,96 %), Galicia (21,48 %) e Aragón (20,47 %). Doutra banda, as rexións onde esta franxa de idade tiña un menor peso eran Melilla e Ceuta, as illas Canarias (12,35 %), a Murcia (13,80 %), Baleares (13,84 %), Madrid (14,48 %) e Andalucía (14,7 %).[7]

Segundo a Organización Mundial da Saúde, no ano 2005 a esperanza de vida en España estaba situada nos 80,3 anos de media: 76,9 os homes e 83,6 as mulleres.[8]

Poboación por sexo[editar | editar a fonte]

Evolución da estrutura da poboación por idades e sexos de España, desde 1950 hasta 2064
Evolución da estrutura da poboación por idades e sexos de España, desde 1950 ata 2064 (proxeccións de poboación INE 2014-2064)

En total había no 2006 en España 22 608 498 mulleres (50,57 % do total da poboación) e 22 100 466 homes (49,43 %).[6] O número de mulleres supera ao de homes en todas as comunidades autónomas agás nas Illas Baleares, Illas Canarias, Murcia, Castela-A Mancha e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla. Os homes son maioritarios entre a poboación menor de 49 anos, mentres que a partir dos 50 anos as mulleres son máis numerosas.

Proporción homes/mulleres en España[editar | editar a fonte]

  • Ao nacemento: 1,07 homes/muller.
  • Menos de 30 anos: 1,06 homes/muller.
  • Entre 30 e 65 anos: 1,02 homes/muller.
  • Máis de 65 anos: 0,73 homes/muller.
  • Total poboación: 0,98 homes/muller.

Natalidade e mortalidade[editar | editar a fonte]

Segundo os datos do INE para o 2005, téñense os seguintes datos relacionados coa natalidade en España:[9]

Datos relacionados coa mortalidade en España para o ano 2005:[9]

As principais causas de mortalidade en España para o ano 2001 foron [10]

O crecemento vexetativo da poboación española no 2005 foi do 1,82?.[9]

Distribución da poboación[editar | editar a fonte]

Comunidades autónomas
Pob.
(2015)
%
(2015)
Andalucía 8.399.043 18,05%
Cataluña 7.504.008 16,13%
Comunidade de Madrid 6.377.364 13,71%
Comunidade Valenciana 4.939.550 10,62%
Galicia 2.732.347 5,87%
Castela e León 2.478.376 5,33%
País Vasco 2.164.311 4,65%
Canarias 2.128.647 4,58%
Castela-A Mancha 2.078.611 4,45%
Rexión de Murcia 1.463.249 3,15%
Aragón 1.325.385 2,85%
Illas Baleares 1.124.744 2,42%
Estremadura 1.092.997 2,35%
Principado de Asturias 1.044.481 2,24%
Navarra 636.142 1,37%
Cantabria 588.656 1,27%
A Rioxa 317.053 0,68%
Cidades autónomas
Melilla 84.621 0,18%
Ceuta 84.263 0,18%

A densidade de poboación en España (92.7 hab/km² segundo Eurostat 2017) é menor que a da maioría doutros países da Unión Europea.[3] e a súa distribución ao longo do territorio é moi irregular.

Así, a poboación española concéntrase predominantemente en dúas zonas:

Con todo, todo o interior sofre problemas de despoboamento; nesta parte do territorio, soamente pódense destacar Zaragoza e Valladolid.

Dez principais provincias por poboación[editar | editar a fonte]

Absoluta (INE 2014[11]) Relativa (densidade) (en hab./km²)[12]
  1. Madrid
  2. Barcelona
  3. Valencia
  4. Sevilla
  5. Alacant
  6. Málaga
  7. Rexión de Murcia
  8. Cádiz
  9. Biscaia
  10. A Coruña
  • 6.454.440
  • 5.523.784
  • 2.548.898
  • 1.941.355
  • 1.868.438
  • 1.621.968
  • 1.466.818
  • 1.240.175
  • 1.151.905
  • 1.132.735
  1. Madrid
  2. Barcelona
  3. Biscaia
  4. Guipúscoa
  5. Alacant
  6. Santa Cruz de Tenerife
  7. As Palmas
  8. Valencia
  9. Málaga
  10. Illas Baleares
  • 804,0
  • 714,8
  • 519,6
  • 361,2
  • 321,2
  • 297,2
  • 270,5
  • 236,5
  • 222,0
  • 221,0

As sete provincias máis poboadas concentran ao 45% da poboación española, mentres que nas quince con menor número de habitantes (sen contar a Ceuta e Melilla) só vive o 8% do total. Só dúas (Lugo e Huelva) das vinte e dúas provincias menos poboadas teñen costa, mentres que, salvo Madrid, Sevilla e Zaragoza as quince provincias máis poboadas teñen todas acceso ao mar.

Principais áreas metropolitanas de España.

Áreas metropolitanas[editar | editar a fonte]

As áreas metropolitanas que excedían en 2005 os 300.000 habitantes son as seguintes:[13]

Densidade de poboación por provincias (2007)
Principais áreas metropolitanas de España.

Ademais, para as dúas maiores áreas metropolitanas, pódese falar dun territorio máis extenso que as engloba: trátase da Rexión urbana de Madrid (con 6 380 229 habitantes) e da Rexión urbana de Cataluña (con 5 239 927 habitantes).

Municipios por número de habitantes[editar | editar a fonte]

Os municipios de máis de 100.000 habitantes en 2016 (segundo o INE) son os seguintes:

           

Municipios por densidade demográfica[editar | editar a fonte]

Barcelona é un dos municipios máis densamente poboados de España. Xunto a ela, outros dos municipios da súa área metropolitana encabezan esa lista.

Barcelona é un dos municipios máis densamente poboados de España. Xunto a ela, outros dos municipios da súa área metropolitana encabezan esa lista.


Clasificación dos municipios españois segundo a densidade demográfica de habitantes por quilómetro cadrado no territorio do municipio en 2013:[14]

Clasificación dos municipios de máis de 200.000 habitantes en 2016 segundo a densidade demográfica de habitantes por quilómetro cadrado no territorio do municipio:

Distribución da poboación por illas[editar | editar a fonte]

Illas de España por poboación (INE 2014):

Véxase tamén: Illas de España.

Evolución demográfica[editar | editar a fonte]

Evolución da poboación española[15]
Ano Poboación
1594 8 206 791
1769 9 159 999
1787 10 268 150
1797 10 541 221
1833 12 286 941
1846 12 162 872
1857 15 464 340
1877 16 622 175
1887 17 549 608
1900 18 616 630
1910 19 990 669
1920 21 388 551
1930 23 677 095
1940 26 014 278
1950 28 117 873
1960 30 582 936
1970 33 956 047
1981 37 742 561
1991 39 433 942
2001 40 499 791
2006 44 708 964

Desde 1976, o afundimento da taxa de fertilidade provocou un enlentecimiento no crecemento da poboación española, chegándose a prever a ameaza dun crecemento negativo para o 2030. Con todo, a chegada masiva de inmigrantes desde finais dos noventa permitiu un novo aumento no número de habitantes do país: de feito, este fenómeno provocou unha taxa de crecemento, en torno ao 1,7% anual desde o 2001, máis ben propia de países africanos ou asiáticos. O crecemento vexetativo, aínda baixo, empezou a crecer grazas á maior taxa de fertilidade dos novos residentes.

Poboación estranxeira[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Inmigración en España.

Segundo o censo INE 2006, o 9,27% da poboación de España é de nacionalidade estranxeira. A inmigración a gran escala empezou a mediados da década dos noventa; desde o 2000, España recibiu o segundo maior número de inmigrantes de todo o mundo en termos absolutos (tras Estados Unidos) e a taxa de inmigración máis elevada do planeta. A maioría dos inmigrantes que chegan a España proveñen de Iberoamérica (nun 36,21%), seguido de Europa Occidental (21,06%), Europa do Leste (17,75%) e o Magreb (14,76%). A distribución xeográfica dos estranxeiros é moi irregular, concentrándose ao longo das costas mediterránea e canaria e en Madrid e arredores, en xeral acentuando aínda máis as xa profundas diferenzas rexionais de poboación do país.

Relixión[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Relixión en España.

Segundo un estudo do CIS realizado en 2017, un 52% dos participantes cre en Deus e un 16,8% non cre na existencia de Deus.[16]Un 63,2% defínese como seguidor da relixión católica e un 29,7% di non abrazar ningunha relixión.[17] Do 6,3% dos que se declaran pertencentes a outras relixións un 32,5% defínese protestante, un 26,6% musulmán, un 19,2 % ortodoxo, un 7,2% budista, un 5 % testemuña de Xehova, cristián nun 4,9% e un 2% encádrase noutras relixións[17] Porén, un 50,9% declara que non asiste nunca a oficios relixiosos excluídas as ocacións especiais, como vodas e funerais.[18]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Cifras de Población (CP) a 1 de enero de 2019Estadística de Migraciones (EM). Año2018 Datos Provisionales" (PDF). Instituto Nacional de Estadística. Notas de Prensa. 25 de xuño de 2019. Consultado o 2 de xullo de 2019. 
  2. "Population on 1 January by age and sex". Eurostat (en inglés). 6 de xuño de 2019. Consultado o 2 de xullo de 2019. 
  3. 3,0 3,1 "Population density by NUTS 3 region". Eurostat (en inglés). 10-05-2019. Consultado o 2 de xullo de 2019. 
  4. INE, Instituto Nacional de Estadística. Series históricas de datos censales. [1]
  5. Fuente: INE, Instituto Nacional de Estadística. Revisión del Padrón municipal 2018. Población por edad (año a año) y sexo [2] Arquivado 19 de abril de 2022 en Wayback Machine.
  6. 6,0 6,1 INE, Instituto Nacional de Estadística. Revisión do Padrón municipal 2006. Poboación por idade (ano a ano) e sexo [3][Ligazón morta]
  7. INE, Instituto Nacional de Estadística. Revisión do Padrón municipal 2006. Poboación por sexo, comunidades e provincias e idade (ata 85 e máis) [4][Ligazón morta]
  8. OMS, Organización Mundial da Saúde. Life Tables for WHO Members States [5], World Health Statistics 2007 Highlights and Tables[6]
  9. 9,0 9,1 9,2 INE, Instituto Nacional de Estadística. Indicadores demográficos básicos [7][Ligazón morta]
  10. CNE, Centro Nacional de Epidemiología.[Ligazón morta]
  11. "Población por provincias y sexo.(2852)". www.ine.es. Consultado o 2019-07-30. 
  12. [8]
  13. Proyecto Audes Arquivado 03 de febreiro de 2009 en Wayback Machine.. Datos de población oficiales del INE (01-01-2005). Real Decreto 1358/2005, de 18 de noviembre. (Datos de conurbación para Madrid, Barcelona, Valencia y Sevilla. Datos de área metropolitana para el resto)
  14. "Ranking de los municipios con mayor densidad de población de España (2013) - Classora Knowledge Base". es.classora.com. Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2016. Consultado o 2019-07-30. 
  15. Fuente: INE, Instituto Nacional de Estadística. Estimaciones de población, censos y cifras oficiales de población.
    El censo de 1594 es un Vecindario realizado por la Corona, de tipo aproximativo. El censo de 1769, realizado por el Conde de Aranda, y el de 1833 (censo de la Policía), son considerados por el INE de escasa fiabilidad. El censo de 1787 corresponde al censo del conde de Floridablanca, y el de 1791 (publicado en 1801) fue realizado por Godoy. Los primeros censos oficiales modernos y más fiables son los realizados a partir de 1857 [9]. Los censos posteriores a 1900 se pueden consultar en Inebase. Series históricas de población Arquivado 27 de abril de 2006 en Wayback Machine.
  16. "3194 Nacional (Con Ceuta y Melilla) Población residente ambos sexos 18 y más años. Distribuciones marginales.". www.cis.es. pregunta 42. Consultado o 4 de mario de 2022. 
  17. 17,0 17,1 ."3194 Nacional (Con Ceuta y Melilla) Población residente ambos sexos 18 y más años. Distribuciones marginales.". www.cis.es. pregunta 90. Consultado o 4 de maio de 2022. 
  18. ."3194 Nacional (Con Ceuta y Melilla) Población residente ambos sexos 18 y más años. Distribuciones marginales.". www.cis.es. pregunta 91. Consultado o 4 de maio de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]