Delmi Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDelmi Álvarez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de xullo de 1958 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfotógrafo , fotoxornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Páxina webdelmialvarez.com Editar o valor em Wikidata

Edelmiro Álvarez Jiménez,[1] máis coñecido como Delmi Álvarez (Miro Álvarez), nado en Vigo o 8 de xullo de 1958, é un fotógrafo documentalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Participou na fotobienal de Vigo en 1984 e 1986. Comezou traballando para A Nosa Terra, La Región, El País e o Diario de Galicia. En 1987 acadou o premio Fotopress por Instantáneas. Entre 1990 e 1991 estivo en Cuba desenvolvendo o proxecto fotográfico Cuba, el ultimo bastion: la lucha de un pueblo, co que acadou de novo o premio Fotopress.

Entre 1991 e 1993 estivo en Croacia e Bosnia e Hercegovina cubrindo as guerras iugoslavas para La Voz de Galicia. Entre 1989 e 2009 desenvolveu o proxecto Galegos na Diáspora[2], fotografando personalidades da diáspora galega. O proxecto foi editado en forma de libro pola Secretaría Xeral de Emigración. O autor presentou a obra na Library of Congress en Washington e na CUNY, na Universidade de Nova York, ante os emigrantes galegos que viven nesas cidades. Porén, o libro non recibiu atención en Galiza.

Sobre a Diáspora realizou tres documentais en coprodución coa Televisión de Galicia. O Rei galego de África, A última fotografía e Galegos da Guaiana venezolana. En dous destes documentais participou o xornalista galego Arturo Lezcano Fernández. Posteriormente filmou Fuga de cerebros, sobre a vida de catro parellas de científicos galegos na diáspora en Colonia, Alabama, Estocolmo e París no que falan das vicisitudes para investigar na universidade galega, as mafias, familias e demais que impiden levar a cabo traballos que sirvan de proveito para Galiza. O documental non chegou a co-producirse coa TVG aínda que existía un pacto verbal cos seus responsables, pero ao trocar a dirección foi rexeitado.

En 2012 funda o proxecto PHOTOYOUTH[3] para nenos con discapacidade e problemas económicos ou familiares. Apoiado por unha bolsa da Unión Europea (Interreg), no proxecto participaron máis de 200 nenos, profesores e escolas das cidades de Riga (Letonia), Vyborg, San Petersburgo e Pskov (Rusia), entre elas unha de nenos cegos. As imaxes finais do proxecto exhibíronse nesas cidades e en Bruxelas, ademais de publicarse nun libro.

En 2013 documentou a minería con cianuro e os proxectos mineiros que empresas canadenses estaban a levar a cabo en diferentes puntos de Europa no proxecto In the name of Gold[4]. En novembro de 2014, unha selección de imaxes do proxecto formou parte dunha exposición en Estados Unidos na universidade Yale School of Forestry Environmental Studies, baixo o título Digging Gold, conxuntamente con Larry C. Price, Ron Haviv e Robin Hammond. O evento foi organizado e co-porducido por F&ES SIGs: International Society of Tropical Foresters (ISTF), Yale Extractive Industries Working Group (XWG), Health & Environment at Yale, Environmental Justice at Yale, Latin America SIG and Africa SIG; The Earth Institute of Columbia University e The Pulitzer Center on Crisis Reporting.

Entre 2003 e 2016 documenta o movemento migratorio das persoas que se desprazan a Europa no proxecto Transmigrants[5] presentado ao público como un proxecto educativo e documental para o estudo das vindeiras xeracións.

Delmi seguindo a súa traxectoria nos proxectos etnográficos e antropolóxicos filmou aos himba en Namibia no documental Himbas, struggle for survive, que nunca se chegou a emitir.

En 2018 comeza a fotografar un novo proxecto Outras Diásporas[6] sobre a inmigración a Galiza.

Pescuda na Antropoloxía Social e Cultural.[cando?]

O 22 de xuño participa no seminario do 1º encontro de fotografía documental contemporánea galega "FX Ollos para ver" organizado pola facultade de Comunicación da USC, Santiago de Compostela.

O 28 de xullo de 2023 presenta o libro Cuba 1991[7], xunto con Ana Miranda e X.M. Crego na Asociación de Mulleres de Moaña

Obra[editar | editar a fonte]

  • Reporteiro de guerra en Iugoslavia, crónica autobiográfica (Ed. Xerais, 1994)
  • O Camiño de Santiago. Tres edicións do proxecto sobre o camiño por diferentes fotógrafos galegos e internacionais.
  • Mar. Proxecto de libro sobre a pesca galega coa ollada de catro fotógrafos: Ian Berry e Richard Kalvar (Axencia Magnum Photos), Xulio Villarino , Delmi Álvarez [8]e Gert Van Kesteren. [9]Non chegou a publicarse.[9]
  • Retrospectiva. Exposición e libro publicado polo Concello de Vigo.
  • Diáspora galega 1989-2009 (2017)
  • Érase unha vez en Europa, Guerra dos Balcáns.2021
  • La isla resiliente. A crise social e económica que creou o volcán na illa de La Palma. 2022
  • Galegos na Diáspora. Terceira edición, con Verkami. 2022.
  • Cuba, 1991. Libro de fotografía documental no Período Especial de Paz no 1991.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dicionario biográfico de Galicia, T. 1, p. 40, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo.
  2. "Galegos na Diáspora". Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2016. Consultado o 01 de xuño de 2016. 
  3. PHOTOYOUTH
  4. "In the name of Gold". Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2016. Consultado o 01 de xuño de 2016. 
  5. "Transmigrants". Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2016. Consultado o 01 de xuño de 2016. 
  6. "Delmi Alvarez". www.facebook.com. Consultado o 2019-09-28. 
  7. Sas, Fran G. (2023-07-27). "La Cuba más dura a través de un objetivo". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-07-28. 
  8. OTERO, A. (23 de maio de 2008). "Magnum “pesca”en Galicia". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2022. 
  9. 9,0 9,1 Alvarez, Delmi (28 de xaneiro de 2009). "Proyecto con Magnum sobre Galicia (GZ) que no gusta al Director Xeral de Turismo". Galegos na Diáspora (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]