Deioces

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDeioces

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementodécada de 700 a. C. Editar o valor em Wikidata
Morte675 a.C.
Xa
727 a. C. – 675 a. C. – Fraortes, rei medo → Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónRei dos medos
Outro
TítuloRei dos medos (710 a. C.–665 a. C.)
Rei dos medos Editar o valor em Wikidata
FillosFraortes, rei medo Editar o valor em Wikidata

Deioces foi o suposto primeiro rei de Media sobre o 700 a.C.. O erudito E. M. Diakonoff (e outros) suxiren como datas do seu reino aproximadamente 727675 a.C. xa que se menciona un Daiukku nas taboíñas mesas neoasirias no oitavo ano do reinado de Sargón II (sobre 721705 a.C.), nas que se di que era un gobernante (eaknu) de Manna, que gobernaba con independencia un distrito entre o reino de Manna e Asiria, distrito que podería ser o Val de Zarrundad.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu nome asirio foi Daiukku, o elamita Daayaukka, e o iraniano Dahyuka.

Segundo Heródoto era fillo de Fraortes e intentou unificar as tribos medas, cada unha das cales vivía nunha cidade ou conxunto de cidades. De primeiro gobernaba só sobre a súa tribo e gañouse unha boa reputación como xuíz e gobernante, pero alegando que o cargo lle comportaba conflitos renunciou; entón prevaleceu o desgoberno e os medos reuníronse na cidade de Hamadan (Ecbatana que quere dicir ‘lugar de asemblea’) para elixiren un rei e nomearon a Deioces, que reinou uns vinte e tres anos. Segundo as taboíñas cuneiformes, había nesta época un Deioces e tiña un fillo que era refén do rei de Urartu Rusa I (sobre 735713 a.C.) ao que tivo que apoiar contra o rei de Manna. Sobre o 715 a.C. probabelmente apoiou unha revolta contra o rei Iranzu (sería o gobernador de Messi cuxo nome non aparece nas taboíñas), e ao ano seguinte axudou a Urartu contra o rei de Manna Ullusunu nunha guerra que non tivo éxito. Sargón II interveu, capturou a Deioces e exiliouno a Hamat en Siria. A identificación do Deioces das fontes asirias e do de Heródoto non está confirmada. O relato de Heródoto vén de lendas e fontes orais e podería estar falando do neto de Deioces, que tamén se chamou así.

Segundo Heródoto tivo dous fillos: Fraortes e Ciaxares, o primeiro dos cales o había suceder.

Reino Medo

Segue a:
-
Deioces
Precede a:
Fraortes