Darío Álvarez Limeses

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDarío Álvarez Limeses

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de novembro de 1877 Editar o valor em Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Morte30 de outubro de 1936 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Tui, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , médico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMaría Blázquez Ballester Editar o valor em Wikidata
FillosXosé María Álvarez Blázquez, Darío Álvarez Blázquez, Emilio Álvarez Blázquez, Álvaro Álvarez Blázquez Editar o valor em Wikidata
PaiEmilio Álvarez Giménez Editar o valor em Wikidata
IrmánsXerardo Álvarez Limeses e José Álvarez Limeses Editar o valor em Wikidata


Darío Álvarez Limeses, nado en Pontevedra o 10 de novembro de 1877 e finado o 30 de outubro de 1936, foi un médico e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Darío Álvarez Limeses e María Blázquez Ballester en Baión, en 1928.[1]

Fillo de Emilio Álvarez Giménez e irmán de Xerardo Álvarez Limeses, licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, afincouse en Tui como médico en 1905. Alí, paralelamente ao seu labor asistencial exerceu un traballo xornalístico, social e político: Colaborou e presidiu diferentes sociedade culturais coma a Sociedade Artística ou a Venatoria; dirixiu o semanario La Opinión e colaborou nos periódicos La Integridad, El Vencejo, La Correspondencia Gallega e El Pueblo Gallego. Casou con María Blázquez Ballester o 15 de xuño de 1907 coa que tivo seis fillos, todos homes: Darío (1910), Celso (1913), Xosé María (1915), Alfonso (1917), Emilio (1919) e Álvaro (1921).

Na Segunda República foi membro da Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi parte activa da resistencia miñota, foi encarcerado e posteriormente fusilado na alameda tudense o 30 de outubro de 1936.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bernárdez, Carlos L. (2008). Vida e obra de Xosé María Álvarez Blázquez. Galaxia. ISBN 978-84-9865-053-2. 
  2. 2,0 2,1 "Real Academia Galega. Boletín n.º 369, 2008, p. 220" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de febreiro de 2017. Consultado o 08 de maio de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]