Darius Milhaud

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Darius Milhaud
Darius Milhaud en 1926.
Nacemento4 de setembro de 1892
 Marsella
Francia República Francesa
Falecemento22 de xuño de 1974 (81 anos)
 Xenebra
Suíza Suíza
SoterradoSaint-Pierre Cemetery
NacionalidadeFrancia
Relixiónxudaísmo
Educado enConservatorio de París
Parella/sMadeleine Milhaud
FillosDaniel Milhaud
PremiosCabaleiro da Lexión de Honra, Oficial da Lexión de Honra, comandante da Lexión de Honra e Commander of the order of Nichan Iftikhar
Na rede
IMDB: nm0587366 Allocine: 37713 Allmovie: p171293 IBDB: 101441
Spotify: 6bwXuNL4AuC7w3AxspKXn6 iTunes: 285071 Musicbrainz: a7ef6698-3056-4e80-880d-0f9d106cc8e2 Songkick: 101316 Discogs: 258078 IMSLP: Category:Milhaud,_Darius Allmusic: mn0001175393 WikiTree: Milhaud-30 Find a Grave: 9795524 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Darius Milhaud, nado o 4 de setembro de 1892 en Marsella (Francia) e finado o 22 de xuño de 1974 en Xenebra (Suíza), foi un compositor francés membro do grupo chamado Les Six. A súa produción musical caracterízase polo uso da politonalidade e os patróns rítmicos derivados do jazz.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Milhaud naceu en Marsella fillo de pais xudeus de Aix-en-Provence, aos sete anos comezou a estudar violín con Leo Bruguier, quen o incorporou ao seu cuarteto de corda. En 1909 ingresou no Conservatorio de París, onde coñeceu a Arthur Honegger e Germaine Tailleferre, que formarían parte tamén de Les Six. Estudou composición con Charles-Marie Widor e harmonía e contrapunto con André Gedalge, ademais de recibir clases a nivel particular de Vincent d'Indy.

En 1910 escribiu unha ópera cómica baseada nun libreto de Francis Jammes titulado Brebis égarée (ovella descarriada). Máis adiante viuse atraído pola música de cámara. A súa 1ª Sonata para violín e piano data de 1911 e o seu primeiro Cuarteto de corda de 1912. Coñeceu ao poeta Paul Claudel, do que musicou algún dos seus poemas.

En 1916 viaxou ao Brasil como secretario de Paul Claudel, que daquela era embaixador. Nesta viaxe Milhaud escribiu as Saudades du Brazil, a suite para saxofón, Scaramouche, co seu destacado terceiro movemento Brasileira, Le Bœuf sur le toit, e o poema coreográfico L’Homme et son desir. En 1918 regresou a Francia e iniciou amizade con Eric Satie e cos músicos do Grupo dos Seis.

Durante os seguintes anos, a actividade creadora de Milhaud foi incesante: cantatas, concertos, cancións, obras corais, entre outras se sucederon de xeito moi rápido. En 1925 casou coa súa prima Madeleine, que a partir de 1937 foi a súa colaboradora en varias obras. Fixo numerosas viaxes e ofreceu concertos en tódolos países de Europa.

En 1940 trasladouse aos Estados Unidos ao recibir o encargo dunha sinfonía para a Chicago Symphony Orchestra. No país norteamerican permaneceu ata 1947 e traballou como profesor de composición no Mills College de Oakland (California), onde tivo como alumnos, entre outros, ao músico de jazz Dave Brubeck. Abandonou este posto en 1947 para traballar como profesor honorario de composición no Conservatorio de París, posto que desempeñou ata 1971 e onde tivo como discípulos a Iannis Xenakis e a Karlheinz Stockhausen.

En 1952 viaxou a Israel, onde escribiu parte da súa ópera David.

Milhaud (ao igual que os seus contemporáneos Paul Hindemith, Gian Francesco Malipiero, Bohuslav Martinů e Heitor Villa-Lobos) foi un creador extremadamente rápido, en 1965 o seu catálogo estaba integrado por 409 obras, pequenas e grandes, escritas para tódolos xéneros musicais. De entre todas elas destacan os ballets Le bœuf sur le toit (1920) e La Création du Monde (estreado porlos Ballets suédois en 1923), a ópera Christophe Colomb (1930) e a peza orquestral Suite provençale (1937).

Morreu en Xenebra o 22 de xuño de 1974 aos 81 anos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]