Darijo Srna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Darijo Srna
Información persoal
Nome Darijo Srna
Nacemento 1 de abril de 1982
Lugar de nacemento Metković
Altura 1,82
Posición Lateral, Interior
Información de club
Club actual Shakhtar Donetsk
Na rede
IMDB: nm2319650 Instagram: darijosrna FIFA: 210704 UEFA: 48893 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Darijo Srna [ˈdaːriɔ ˈsrna], nado en Metković o 1 de abril de 1982, é un futbolista croata que na actualidade xoga para o equipo ucraíno do Shakhtar Donetsk.

Pode ocupar calquera posición da banda dereita e é un auténtico especialista nos lanzamento de falta, amais dun bo centrador.

Clubs[editar | editar a fonte]

Srna comeza a súa carreira no Hajduk Split. As súas boas actuacións co cadro croata fixo que os olladores do Shakhtar Donetsk se fixaran nel, e así no ano 2003 é transferido xunta un dos seus compañeiros de equipo, o porteiro Stipe Pletikosa.

Na actualidade,[cando?] dous clubs, o SL Benfica e o Liverpool FC andan tentando contratar a Srna, mais até o de agora no hai nada asinado.

Selección[editar | editar a fonte]

Srna participou en dúas grandes competicións coa selección croata.

Na Eurocopa de Portugal no 2004 xogou dous encontros. O equipo balcánica non puido pasar da primeira rolda.

No Mundial 2006 en Alemaña, foi titular nos tres encontros que disputou o equipo. No encontro decisivo contra a Australia anotou un magnífico tanto dun lanzamento de falta dende 32 metros. Malia este gol o encontro rematou cun empate a dous, e Croacia non foi quen de pasar de rolda.

En setembro de 2006 foi expulsado xunta os seus compañeiros Bosko Balaban e Ivica Olic, da concentración que estaba a face-la selección para preparar o encontro de clasificación para a Eurocopa 2008 contra a Rusia. A causa foi unha saída nocturna a unha discoteca na que se viron implicados nuha liorta.

Despois dun tempo o adestrador xa volta contar con el para a selección nacional.

Familia[editar | editar a fonte]

Srna ten ascendencia bosníaca por parte do pai, que ademais foi porteiro na súa xuventude.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]