Código lingüístico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un código lingüístico é un sistema de sinais ou de símbolos que, por convención previa, pode ser usado para enviar unha mensaxe. Exemplos de códigos son as linguas naturais, o código Morse, o braille ou a lingua de sinais.

Este termo foi importado da teoría da comunicación polo lingüista romanés Roman Jakobson. Neste modelo, o código permite representar e transmitir a información entre a fonte dos sinais (emisor) e o destino (receptor) a través dun canal e nun contexto dado. Nun proceso de comunicación, o emisor codifica a información e esta é decodificada polo destinatario ou receptor.

O código pode estar formado de sinais de natureza diferente: sons (código lingüístico), signos escritos (código gráfico), sinais xestuais (como levar o índice erguido aos beizos), cores (semáforos) etc. Os sinais que forman un código son un conxunto reducido e convencional que só varía co acordo dos usuarios dese código.

As linguas naturais teñen a forma dun sistema de signos chamado código lingüístico que está formado por un grupo reducido de signos vocais (fonemas) para cada lingua, cuxas regras de combinación permiten a formación de signos lingüísticos dun nível superior, os morfemas.