César Torres Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCésar Torres Martínez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1905 Editar o valor em Wikidata
Caldas de Reis, España Editar o valor em Wikidata
Morte14 de novembro de 1988 Editar o valor em Wikidata (82/83 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Governador civil da província de Ávila (pt) Traducir
Civil governor of the province of Granada (en) Traducir
Civil governor of Jaén (en) Traducir
Civil governor of Almería (en) Traducir
Gobernador civil da provincia de Lugo
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoIzquierda Republicana Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

César Torres Martínez, nado en Caldas de Reis en 1905 e finado en Vigo o 14 de novembro de 1988, foi un avogado e político republicano galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1929.[1] Militante de Acción Republicana. Coa proclamación da República foi alcalde de Caldas de Reis até xuño de 1933. Foi nomeado gobernador civil de Lugo o 21 de xullo de 1932, quedando á fronte da alcaldía de Caldas o primeiro tenente alcalde Ramón Búa Carou. César Torres cesou como gobernador de Lugo o 14 de maio de 1933. Foi nomeado gobernador civil de Almería en maio dese ano. Despois foi gobernador civil de Ávila (do 13 de outubro ao 20 de decembro de 1933). Integrado en Izquierda Republicana, foi nomeado gobernador civil de Xaén o 19 de marzo de 1936, pasando a Granada o 24 de xuño.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 1 de agosto. Xulgado en consello de guerra salvou da morte grazas á amizade da súa muller co bispo de Granada; foi condenado a cadea perpetua, e estivo oito anos en prisión. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en outubro de 1940.[2] Inhabilitado como avogado, o seu amigo Buenaventura Castro Rial influíu para que fose nomeado conselleiro-secretario do Banco de Vigo-Viñas Armada e delegado da aseguradora MGS para a provincia de Pontevedra.[3] Finou en Vigo o 14 de novembro de 1988.[4]


Predecesor:
-
 
Alcalde de Caldas de Reis
 
1931 - 1933
Sucesor:
Joaquín Hervés Baltar

Vida persoal[editar | editar a fonte]

  • Casou en Almería con Josefina Díaz Torres en outubro de 1933,[5] e foi pai de César Torres Díaz; casou en segundas nupcias con Elvira Goberna Lago en 1954 e foi pai de Luis e Javier Torres Goberna.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 6-7-1929, p. 11.
  2. BOE, 3-10-1940, p. 4616.
  3. Múgica Melgar, José Luis (2009). Autor-editor, ed. Banco de Galicia, orígenes, evolución y extinción. p. 68. ISBN 978-84-9981-067-6. Consultado o 22 de decembro de 2014. 
  4. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 15-11-1988, p. 65.
  5. Diario de Almería, 24-10-1933, p. 1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]