Cueiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cueiros de tea.

Un cueiro[1] é unha peza absorbente usada para hixienizar e evitar a contaminación da contorna por mor dos refugallos dun organismo. Adoitan usalo os bebés e adultos que perderon a capacidade de controlar os seus refugallos (feces e ouriños), ou que son incapaces de atopar un lugar onde depositar os mesmos. Isto aplica tanto a persoas que non poden chegar a tempo a un baño ou non é accesible o mesmo, tal é o caso dos astronautas, mergulladores, etc.

Características[editar | editar a fonte]

O propósito dun cueiro é conter e manter a quen o usa seco e confortable por varias horas. Cando o cueiro é utilizado e alcanza a súa capacidade, hai que cambiar o mesmo por un novo; este proceso adoita facelo outra persoa, aínda que en certos casos tamén o mesmo usuario pode cambiar o cueiro.

O uso do cueiro non é exclusivo de persoas. Por varias razóns os animais poden utilizalos, dende razóns veterinarias (doenzas, etc), até para facilidade do dono do mesmo, como pode ser o dono dun mono ou outro animal ó que debe adestrarse para o uso dun lugar común de depósito de refugallos.

Aínda que non se coñece a data da súa invención, en diversas culturas ancestrais, como a azteca, exipcia e a romana, xa se empregaban diversos materiais, como follas, teas ou peles, para cubrir os nenos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cueiro.