Cuatro Torres Business Area

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
CTBA
Os catro rañaceos desde o barrio de Tetuán.

Cuatro Torres Business Area (CTBA) é un parque empresarial de Madrid, formado fundamentalmente por catro rañaceos e o espazo comprendido por eles. Está situado no distrito de Fuencarral-El Pardo.

Características[editar | editar a fonte]

O parque empresarial sitúase ao norte da cidade de Madrid, no inicio do Paseo de la Castellana (a arteria norte-sur da cidade), no lugar da antiga Cidade Deportiva do Real Madrid. O parque empresarial está composto por catro rañaceos que son os edificios máis altos de Madrid e de España. Os catro edificios son a Torre Foster, Torre PwC, a Torre de Cristal e a Torre Espacio. O primeiro é o máis elevado de todos eles, pois chega aos 250 metros de altura.

A Torre PwC acolle, entre outras empresas, un hotel. A parte superior da Torre de Cristal é un xardín. Cada torre ten varios andares de garaxe soterrados, e tamén un acceso soterrado para vehículos, que os conecta coa cidade. Xunto coas catro torres e dentro do recinto do parque empresarial localizarase o Centro Internacional de Convenciones de Madrid. Este edificio disporá de 70.000 m² de salas para conferencias e un auditorio principal con capacidade para 3.500 persoas. A construción deste edificio foille outorgada aos arquitectos Emilio Tuñón e Luis Mansilla.

Historia[editar | editar a fonte]

A construción dos catro edificios comezou en 2004 e foron rematados entre o final de 2007 e comezos de 2008.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]