Cristina Pardo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCristina Pardo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de xullo de 1977 Editar o valor em Wikidata (46 anos)
Pamplona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Navarra Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , presentadora de televisión Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2006 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorCadena SER
COPE Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Twitter: cristina_pardo Instagram: _cristina_pardo Editar o valor em Wikidata

Cristina Pardo Virto, nada en Pamplona o 5 de xullo de 1977, é unha xornalista e presentadora navarra. Cobre a información para La Sexta Noticias, presenta Al rojo vivo en ausencia de Antonio García Ferreras e ten o seu propio programa esporádico: Malas compañías.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu interese polo xornalismo comeza cando era pequena e escoitaba o programa de José María García xunto ao seu pai e irmáns. Nun primeiro momento quería ser xornalista deportiva. Estudou xornalismo na Universidade de Navarra.[1]

Empezou traballando con Antonio Herrero nos micrófonos da Cadena COPE no programa La Mañana. Máis tarde, e na mesma cadea, traballou con Luis Herrero e con Federico Jiménez Losantos.

Durante os seus anos na facultade fixo unha entrevista para facer prácticas con Antonio García Ferreras e, aínda que finalmente comezou a traballar na COPE, non perderon o contacto. Así, en 2006 abandona a radio e comeza a formar parte do equipo de La Sexta Noticias para a sección de política e, en concreto, desde 2008 cubrindo a información do PP.

Fixo monólogos nas ceas da Asociación de Periodistas Parlamentarios nos anos 2012, 2013 e 2014.

Durante as vacacións de Semana Santa de 2013 chegoulle a oportunidade de estrearse como presentadora do programa de televisión Al rojo vivo substituíndo a Antonio García Ferreras. Desde entón é a encargada de presentalo cando este se ausenta.[2] Antonio García Ferreras era seguidor de José Mourinho na súa etapa como adestrador do Real Madrid e, ao considerarse a segunda de Ferreras en Al rojo vivo, comezou a usar o alcume "Karanka" en Twitter para anunciar as súas aparicións substituíndoo.

Colabora habitualmente no programa La Sexta Noche desde 2013 na sección de entrevistas a persoas relevantes do panorama político.

O 3 de abril de 2014 publica o seu primeiro libro, Los años que vivimos PPeligrosamente, sobre as relacións do Partido Popular coa prensa.[3]

Desde o 14 de xuño de 2014 participa os sábados no programa de radio A vivir que son dos días, da Cadena SER, coa sección Dicionario de conceptos políticos.[4] O 15 de setembro de 2014 estrea a sección Líandola Pardo en Al rojo vivo, sección de carácter irónico sobre temas de actualidade política, que se emite cando Antonio García Ferreras conduce o programa e que non ten periodicidade fixa.[5]

Durante a primeira semana do mes de outubro de 2014 forma parte do equipo que se despraza á Fundación Vicente Ferrer en Anantapur (India), con motivo do programa especial que fai Àngels Barceló en Hora 25, da Cadena SER, sobre a situación das mulleres neste país.

En abril de 2017 presentou o programa "Malas compañías" na Sexta.[6] Tras o éxito que obtivo, regresou en novembro do mesmo ano con novos programas.[7]

O 1 de xullo de 2017 retransmitiu a manifestación e o desfile do WorldPride Madrid 2017 xunto a Iñaki López en LaSexta.

En outubro de 2017 participou nun episodio da ficción La casa de papel, de Antena 3, onde se interpretou a si mesma.[8]

Presentou por primeira vez as badaladas de Fin de Ano de 2017 xunto a Iñaki López en LaSexta.[9]

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

Premios Iris[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Resultado
2013 Mellor reporteira Nomeada[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Cristina Pardo". Consultado o 20 de xaneiro de 2018. 
  2. "Cristina Pardo: "La actualidad es un sainete y no hace falta caricaturizarla"". Diario de Navarra. 26 de agosto de 2013. Consultado o 20 de xaneiro de 2018. 
  3. "Cristina Pardo echa a temblar al PP con su libro de intríngulis". 26 de marzo de 2014. Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2018. Consultado o 20 de xaneiro de 2018. 
  4. "Javier del Pino se salta la orden de Cebrián y lleva a su programa a varios 'vetados'". 30 de abril de 2016. Consultado o 20 de xaneiro de 2018. 
  5. "Cristina Pardo abre tenderete propio en "Al Rojo Vivo" de Ferreras". 16 de setembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2018. Consultado o 20 de xaneiro de 2018. 
  6. "‘Malas compañías’: Cristina Pardo estrenará programa propio en La Sexta". Consultado o 20 de xaneiro de 2018. 
  7. "Las Malas compañías de Cristina Pardo regresan a La Sexta. Noticias de Programas TV". 
  8. "Cristina Pardo y Cristina Saavedra se cuelan en 'La casa de papel' como presentadoras". 3 de novembro de 2017. Consultado o 20 de xaneiro de 2018. 
  9. "Campanadas: Cristina Pardo e Iñaki López en La Sexta y Cristina Pedroche y Alberto Chicote en Antena 3". 3 de novembro de 2017. Consultado o 20 de xaneiro de 2018. 
  10. "Premios de la Academia de TV: los que optan... y los que seguro no se lo llevarán". Consultado o 20 de xaneiro de 2018.