Crema de ovo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Crema de ovo aromatizada con canela.

A crema de ovo (ás veces chamada crema de leite[1]) é un doce cremoso elaborado con leite, xemas de ovo e azucre e aromatizado con canela[2]. Tómase coma sobremesa en Galicia e en moitas partes de Europa e América.

A crema catalá e un doce derivado no que se queima a tona azucrada da crema de ovo cunha prancha de ferro a ferver.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Non confundir coa nata
  2. VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]