Cotton Club

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 40°49′08″N 73°56′13″O / 40.819, -73.937

O Cotton Club foi un club nocturno de Nova York (Estados Unidos) que se mantivo aberto durante a Lei seca dos anos 1920.

Foi fundado en 1920 en Harlem, no barrio negro de Manhattan, aínda que xeralmente denegaban a admisión aos consumidores afroamericanos. O club foi aberto polo campión dos pesos pesados Jack Johnson, e o contrabandista e gánster Owney Madden adquiriu o club en 1923 mentres estaba encarcerado en Sing Sing e cambiou o nome do local ao de Cotton Club.

Foi un club mítico na época xa que era o escaparate das principais novidades musicais, como Fletcher Henderson, Duke Ellington, Count Basie, Bessie Smith, Cab Calloway, The Nicholas Brothers, Ela Fitzgerald, Louis Armstrong, Nat King Cole, Billie Holiday ou Ethel Waters. Os domingos eran frecuentes as "Celebrities Nights", ás cales asistían de público persoas destacadas da política e a cultura, como Jimmy Durante, George Gershwin, Al Jolson, Mae West, Irving Berlin, Eddie Cantor, o alcalde de Nova York Jimmy Walker ou outras celebridades.

O club estivo pechado brevemente no ano 1925 pola venda ilegal de licor. Volveu abrir sen a constante presión da policía. Madden volveu ser encarcerado en Sing Sing en 1933, pero co privilexio de que de cando en vez as bailarinas e strippers podían acudir a deleitalo.

O club pechou definitivamente en 1940 e posteriormente reabriuse outro club no mesmo sitio co nome de Latin Quarter, ata que se derrubou o edificio en 1989 para construír un hotel. Abriuse un novo Cotton Club en Harlem en 1978, pero na rúa 125.

Cinema[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]