Coordinación Democrática

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coordinación Democrática
Ideoloxíademocracia
Data de fundación26 de marzo de 1976
editar datos en Wikidata ]

Coordinación Democrática, popularmente coñecida como Platajunta, foi un organismo unitario español de oposición ao réxime ditatorial franquista creado o 26 de marzo de 1976 mediante a presentación dun manifesto titulado "A los pueblos de España".[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A coalición xurdiu froito da fusión da Junta Democrática de España (establecida en 1974 polo PCE e distintas figuras vinculadas a Don Juan de Borbón, coa adhesión de CCOO, PSP, PTE, ASA e outras personalidades independentes) coa Plataforma de Converxencia Democrática (creada en 1975, como reacción á anterior, polo PSOE, o Movemento Comunista, democristiáns e socialdemócratas). O organizador da fusión da Platajunta foi Antonio García-Trevijano Forte e os obxectivos tiñan catro eixes: a amnistía para presos políticos e sindicais e retorno dos exiliados, exercicio das liberdades políticas e sindicasi, exercicio dos dereitos e liberdades das nacións e rexións do Estados español e a convocatoria de eleccións a Cortes Constituíntes e consulta sobre a forma de estado e de goberno. Agás este último punto, esas ideas foron a base do programa de 1976.[2]

Ese mesmo ano, o 23 de outubro de 1976,[3] Coordinación Democrática ampliouse con novos partidos e organizacións unitarias das rexións con presenza de nacionalismos periféricos -en Cataluña, o Consello ou Comisión Coordinadora de Forzas Políticas de Cataluña-, converténdose na Plataforma de Organismos Democráticos (POD).[4] O fracaso da mesma prodúcese pola actuación non unitaria de moitos dos seus membros, que á marxe dos obxectivos declarados pola Junta, negocian co goberno de Adolfo Suárez o contido da reforma política levada a cabo por este (Lei para a Reforma Política), traizoando estes o seu máis importante obxectivo desde a Platajunta, a saber: a liberdade constituínte.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Juliá, Santos. "Ni reforma, ni ruptura: solo una transición de dictadura a democracia" (PDF). santosjulia.com. p. 12. Consultado o 04-06-2018. 
  2. Molinero (2014).
  3. Hernández (2004), p. 18
  4. Bar (1993), p. 82

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bar Cendón, Antonio (1993). "Una interpretación sobre las causas del régimen franquista y de la transición pacífica a la democracia en España". En Alegre Avila, Juan Manuel; Alfaro Aguila-Real, Jesús. Escritos jurídicos en memoria de Luis Mateo Rodríguez. Universidad de Cantabria. Facultad de Derecho. ISBN 84-8102-007-9. 
  • Hernández Andreu, Juan (2004). Economía política de la transición en España (1973-1980). Madrid: Editorial Complutense. ISBN 84-7491-749-2. 
  • Molinero, Carme; Ysás Solanes, Pere (2014). La cuestión catalana: Cataluña en la transición española (ebook). Barcelona: Crítica. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]