Convención Internacional de Banda Deseñada de San Diego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Convención Internacional de Banda Deseñada de San Diego
TipoConvenção de fãs e organización sen ánimo de lucro
Data de fundación1969
Enderezo111 West Harbor Drive, San Diego, CA 92101
PaísEstados Unidos de América
32°42′23″N 117°09′41″O / 32.706388888889, -117.16138888889
Na rede
https://comic-con.org/
Facebook: comiccon Twitter: comic_con Instagram: comic_con Tumblr: comicconathome Youtube: UCnKFQ3qLokC-6OS3YHNgGpw Pinterest: Comic_Con Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Convención Internacional de Banda Deseñada de San Diego de 2014.

A Convención Internacional de Banda Deseñada de San Diego (en inglés: San Diego Comic-Con International) é unha convención multixénero de fanáticos do entretemento e da banda deseñada que se celebra anualmente en San Diego, California, nos Estados Unidos de América. O nome, tal como se amosa na súa páxina web, é Comic-Con International: San Diego, pero é moi común coñecela sinxelamente como Comic-Con, San Diego Comic-Con ou "SDCC".[1][2]

Foi fundada como Golden State Comic Book Convention en 1970 por Shel Dorf, Richard Alf, Ken Krueger e Mike Towry;[3][4][5][6] posteriormente, foi chamada "San Diego Comic Book Convention". É un evento de catro días (de xoves a domingo) que se celebra no verán (en xullo dende o ano 2003) no San Diego Convention Center de San Diego. O mércores anterior á apertura oficial, os profesionais, exhibidores e convidados pre-rexistrados para os catro días poden asistir a un preevento "Preview Night" para ofrecerlles a oportunidade de percorrer o centro de exhibición e ver antes que ninguén todo o que estará dispoñible os seguintes catro días.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Patent and Trademark Office Petition for Cancellation for Comic-Con". Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2017. Consultado o 22 de novembro de 2018. 
  2. Whitehurst, Lindsay (27 de xuño de 2017). The Associated Press, ed. "Judge to decide who gets comic con naming rights". Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2017. Consultado o 15 de xullo de 2017. 
  3. "Comic-Con co-creator Ken Krueger dies". BBC News. 25 de novembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 7 de xaneiro de 2012. 
  4. Rowe, Peter (5 de xaneiro de 2012). "Richard Alf, 59, one of Comic-Con's founders". The San Diego Union-Tribune. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 7 de xaneiro de 2012. 
  5. "Shel Dorf Tribute — A tribute to Shel Dorf, founder of San Diego's Comic-Con International". 
  6. "Ken Krueger Tribute — A Tribute to Ken Krueger, Chairman of Comic-Con International #1, member of First Fandom, beloved friend and mentor". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]