Constanza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaConstanza
Große Kreisstadt Konstanz (de) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 47°39′48″N 9°10′31″L / 47.6633, 9.1753Coordenadas: 47°39′48″N 9°10′31″L / 47.6633, 9.1753
EstadoAlemaña
Estado federadoBaden-Württemberg
Rexión administrativaRexión de Friburgo - Regierungsbezirk Freiburg
Distrito ruralKonstanz (pt) Traducir
Vereinbarte VerwaltungsgemeinschaftKonstanz VVG (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Konstanz (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación85.859 (2022) Editar o valor em Wikidata (1.586,75 hab./km²)
Lingua oficiallingua alemá Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie54,11 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porLago Constanza e Río Rin Editar o valor em Wikidata
Altitude402 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Xefe do gobernoUlrich Burchardt (pt) Traducir (2012–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativocity council of Constance (en) Traducir , Editar o valor em Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal78462–78467 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico7533 e 7531 Editar o valor em Wikidata
Clave de rexión en Alemaña083355004043 Editar o valor em Wikidata
Número de municipio alemán08335043 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Suzhou
Tábor (pt) Traducir
Lodi
Fontainebleau (1960–)
Richmond upon Thames (pt) Traducir (1983–) Editar o valor em Wikidata

Páxina webkonstanz.de Editar o valor em Wikidata

Constanza[1] (en alemán: Konstanz) é unha cidade universitaria de máis de 82.000 habitantes. Está situada na beira oeste do Lago Constanza no recuncho suroeste de Alemaña, no Estado de Baden-Württemberg. Fai fronteira ademais con Suíza.

Localización[editar | editar a fonte]

Constanza está situada no Lago Constanza (en alemán Bodensee). O río Rin, que nace nos Alpes Suízos, pasa a través do logo Constanza e ao abandonalo, considerabelmente maior, flúe baixo unha ponte que conecta as dúas partes da cidade.

Ao norte do río atópase a maior parte da cidade, con áreas residenciais, industriais e a Universidade de Constanza; mentres que na parte sur está o casco antigo e o centro administrativo e comercial, ademais das instalación da Hochschule ou Universidade de Ciencias Aplicadas. Transbordadores de automóbiles cruzan o lago e dan acceso a Meersburg, e un Catamarán proporciona servizo a peóns cara Friedrichshafen. Ao sur, ás beiras da cidade vella, atópase a cidade suíza Kreuzlingen.

Subdivisións[editar | editar a fonte]

Subdivisións

Constanza está dividida en quince distritos:

  • Altstadt
  • Paradies
  • Petershausen-West
  • Allmansdorf
  • Egg
  • Fürstenberg
  • Industriegebiet
  • Königsbau
  • Petershausen-Ost
  • Staad
  • Wollmatingen
  • Dingelsdorf
  • Litzelstetten
  • Dettingen
  • Wallhausen

Historia[editar | editar a fonte]

De 1414 a 1418 celebrouse nesta cidade o Concilio de Constanza, que deu fin ao Cisma de Occidente.

A comezos do século XIX e como consecuencia das guerras Napoleónicas, o territorio que comprende esta cidade pasou a formar parte da Confederación do Rin e tralo congreso de Viena adheriuse á Confederación Xermánica.

Economía[editar | editar a fonte]

O encanto de Constanza, que foi unha das poucas cidades do país que non foi destruída durante a segunda guerra mundial, atrae a visitantes de todo o estado e en particular de Stuttgart. Ademais Constanza constitúe unha das principais pontes para os intercambios comerciais entre Suíza e a Unión Europea.

Transporte[editar | editar a fonte]

Constanza está servida polas principais vías de ferrocarril cara ao oeste até Singen con conexión con tódalas partes de Alemaña, e cara ao sur a Suíza, conectando coas principais rutas en Weinfelden. Os servizos son proporcionados pola Deutsche Bahn e pola compañía suíza Thurbo e a súa filial alemá. O aeroporto máis próximo está en Friedrichshafen, ao que se pode chegar rapidamente grazas a un servizo de transbordador que cruza o lago, o cal conecta a cidade con outras vilas na beira do mesmo. O aeroporto opera fundamentalmente con voos domésticos, mais conta cunha liña co aeroporto londiniense de Stansted. Os aeroportos internacionais máis próximos son o de Stuttgart, Basilea e Zúric, o cal ten un tren directo con Constanza. Os servizos de autobuses urbanos son proporcionados por SüdbadenBus GmbH.

Ademais Constanza e Friedrichshafen están conectadas por dous (en pronto por tres) catamaráns dende 2005 Constance e Fridolin.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Por exemplo en Martínez Pereiro, Xosé Luís (1999). Laiovento, ed. As irmás bastardas da ciencia. Antoloxía de sedes clandestinas. Santiago de Compostela. pp. 144, 148. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]