Condado de Monterrei

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Condado de Monterrei
Primeiro titularSancho Sánchez de Ulloa y Castro
ConcesiónFernando o Católico
1513
Actual titularCarlos Fitz-James Stuart y Martínez de Irujo
Castelo de Monterrei.

O Condado de Monterrei (ou Monterrey en castelán) é un título da nobreza española.

Historia[editar | editar a fonte]

Os Monterrei deben o seu apelido ao feudo de Monterrei, no sur de Galicia (na actual provincia de Ourense). Este feudo, co título de vizcondado, foi concedido por Xoán II de Castela en favor de Pedro de Zúñiga e Biedma. Desde Monterrei a familia foi progresivamente gañando poder, sobre todo en Galicia e na actual provincia de Salamanca. En 1506 a familia estendeu o seu poder a terras do reino de Córdoba.

A culminación chegou en 1513, cando Fernando o Católico outorgou o título de Condes de Monterrei a Sancho Sánchez de Ulloa e á súa esposa Teresa de Zúñiga, que era a vizcondesa de Monterrei.

Sancho Sánchez, nos anos anteriores, apoiara aos Reis Católicos na Guerra de Sucesión Castelá –aconsellado polo arcebispo Alonso I de Fonseca, señor de Coca, bispo de Ávila (1445-1453), arcebispo de Santiago (1460-1463), e de Sevilla (1454-1473), fundador do morgado familiar dos Fonseca, familia moi influente na Galicia dese momento e en España)–. Tamén participara na Guerra de Granada. E mesmo en 1490 renunciara á posesión de Monterrei para outorgarlla a Fernando de la Serna, por orde real (Sancho Sánchez de Ulloa pertencía á familia polo seu matrimonio coa vizcondesa de Monterrey Teresa de Zúñiga e, á morte desta foi o rexente dos bens da súa filla Francisca de Zúñiga e Ulloa).

Membros relevantes da familia foron Gaspar de Acevedo e Zúñiga, V conde de Monterrei, que foi vicerrei da Nova España e do Perú, e ao que debe o seu nome a cidade mexicana de Monterrey.

Así como Manuel de Zúñiga Acevedo e Fonseca, VI conde de Monterrei (1606-1653), señor de importantes extensións de terras en Galicia, Zamora e Salamanca. Filipe III nomeono cabaleiro de Santiago en 1606, e Filipe IV, grande de España o 11 de xullo de 1628, ademais de concederlle aos primoxénitos da familia o título de conde de Fuentes de Valdepero.

O seu su tío Baltasar de Zúñiga foi un importante diplomático vinculado co Conde-Duque de Olivares, xa que a súa irmá Inés de Zúñiga estaba casada con conde-duque, e el mesmo casara con Leonor María de Guzmán, filla do II conde de Olivares. Esta situación permitiulle ser embaixador en Roma, presidente do consello de Italia, e dos Consellos de Estado e Guerra, ademais de ser vicerrei de Nápoles (1631-1637).

No plano cultural, foi patrono do Colexio de Santiago Alfeo (ou Colexio de Fonseca) de Santiago de Compostela, por ser descendente de Diego Acevedo e Fonseca, irmán do arcebispo Fonseca III. Ademais foi o mecenas de Diego Velázquez e Lope de Vega, entre outros.[1]

A historia dos Monterrei continuou até 1710 coa morte, sen sucesión, de Inés Francisca de Zúñiga, herdando o título a súa sobriña política Catalina de Haro Guzmán, que casou con Francisco Álvarez de Toledo e Silva, X duque de Alba. A partir de aí, o título e as terras pasaron á casa de Alba.

Lista de condes[editar | editar a fonte]

Casa de Zúñiga[editar | editar a fonte]

Casa de Alba[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lope de Vega dedicoulle a obra La Mañana de San Juan.
  2. Segundo algúns autores, a modelo para as Majas (espida e vestida) de Francisco de Goya.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Biblilografía[editar | editar a fonte]

  • Conde Mora, Franisco Glicerino: "Los Condes de Monterrey. La Rama Gallega de los Zúñiga". Historia 16 nº 343, novembro de 2005.
  • Lanza Álvarez, Francisco (1953): Dos Mil Nombres Gallegos. Buenos Aires: Ed. Galicia del Centro Gallego.
  • López de Haro, Alonso (1622): Nobiliario Genealógico de los Reyes y Títulos de España. Madrid: Luis Sánchez, Impresor Real.
  • Vilar y Pascual, Luis (1859): Diccionario Histórico Genealógico y Heráldico de las Familias Ilustres de la Monarquía Española, Tomo I. Madrid: Impr. D.F. Sánchez.
  • "PARES (Portal de Archivos Españoles)". 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]