Complementariedade (física)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O principio de complementariedade, enunciado por Niels Bohr no 1928, atribúe á natureza da materia e enerxía unha dualidade, de xeito que os aspectos ondulatorio e corpuscular son complementarios, non contraditorios.

Características[editar | editar a fonte]

Interprétase como que a natureza corpuscular e ondulatoria son inseparables, e polo tanto indetectables de xeito separado, manifestándose unha ou outra segundo o tipo de experiencia. Por exemplo, na experiencia da dobre fenda a natureza da luz que se pon en evidencia é ondulatoria, mentres no experimento do efecto fotoeléctrico, a natureza que se manifesta é a corpuscular, como demostrou Einstein. Feitos semellantes evidéncianse para a materia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]