Club Deportivo Tudelano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
CD Tudelano
NomeClub Deportivo Tudelano
Fundación1935
EstadioCiudad de Tudela,
Tudela, Navarra, España
Inauguración17 de agosto de 1969
Capacidade11.000
PresidenteEspaña Fernando Yanguas Zardoya
AdestradorEspaña José María Lumbreras
Liga2ªB - Grupo 1
2014–15 (2ªB - Grupo 2)
Na rede
http://www.cdtudelano.com/
Titular
Alternativo

O Club Deportivo Tudelano é un club de fútbol de España, da cidade de Tudela, en Navarra. Foi fundado en 1935 e actualmente xoga na Segunda División B Española.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1933, Tudela tiña varios equipos de fútbol de peñas como El Vegetariano, Tudela CF, Ancora Fordín, Arenas, Gazte-tasun ou Muskaria Club. Moitos deses equipos, en 1935, decidiron fusionarse e xorde así a sociedade coñecida como Club Deportivo Tudelano.

En 1955 xogou a liguiña de ascenso a Segunda División, tras acabar o equipo de Tudela campión do seu grupo, aínda que non ascendeu. Na tempada 1976-77 lograría o ascenso a Segunda División B tras unha restructuración de categorías, pero non logrou a permanencia.

Na tempada 1983-84 o Tudelano quedaría campión de Terceira xogando de novo a fase de ascenso, e foi o Marbella quen na promoción eliminou os navarros. Ese mesmo ano foi campión de Copa da Liga de España, derrotando ao Yeclano por 4-2.

En 1991 quedou campión do seu grupo, xogou a promoción de ascenso a Segunda División B e conseguiuno. Disputou a liguiña contra Escobedo, Elgoibar e Sabiñánigo, gañando aos dous primeiros. Militou na categoría do bronce español durante 5 tempadas consecutivas.

Nas tempadas 2009/10 e 2010/11 proclamouse campión de Terceira, pero non logrou o ascenso en ningunha das dúas ocasións.

Finalmente, na tempada 2011/12 o Tudelano logra o ascenso a Segunda División B despois de 16 anos de ausencia. O equipo acabou terceiro na liga e superou na promoción a Azuqueca, Villarrobledo e Catarroja.[1]

Uniforme[editar | editar a fonte]

  • Uniforme titular: Camiseta branca, pantalón negro, medias brancas.
  • Uniforme alternativo: Camiseta negra, pantalón negro, medias negras.

Estadio[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Estadio Ciudad de Tudela.

O campo do CD Tudelano é o Estadio Ciudad de Tudela, chamado José Antonio Elola ata 2012, que substituíu o Campo Municipal de Griseras. Ten capacidade para 11.000 espectadores.

Datos do club[editar | editar a fonte]

  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en 2ªB: 6
  • Tempadas en : 55

Xogadores destacados[editar | editar a fonte]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Cúmprese o soño 16 anos despois". Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2012. Consultado o 24 de xuño de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]