Clima tropical

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización dos climas tropicais por subtipos segundo a clasificación Köppen-Geiger

Os climas tropicais están caracterizados por temperaturas elevadas, con temperaturas medias de 18 °C ou superiores durante todos os meses do ano. Estes climas poden subdividirse da seguinte maneira:

  • Tropical de foresta: en todos os doce meses hai precipitación de polo menos 60 mm. Estes climas son típicos de rexións próximas ao ecuador, e non teñen estacións do ano. Algúns exemplos: Singapur, Amazonas. Nalgúns lugares ese clima ten a mesma humidade durante todo o ano, como acontece en Colombia, mais na maior parte dos casos pode haber variación de choivas.
  • Tropical de monzóns: ese clima, máis común no sur da Asia e oeste da África resulta dos ventos de monzóns que mudan de dirección de acordo coas estacións. Este clima ten un mes máis seco, con menos de 60 mm de choiva.
  • Clima tropical húmido e seco ou de sabana (Aw): ese clima ten unha estación seca intensa, co mes máis seco tendo precipitacións menores que 60 mm.

Exemplos

A maioría dos lugares que teñen ese clima atópanse nas marxes externas das zonas tropicais, mais ocasionalmente poden ter unha localización intratropical (ex.: San Marcos, Colombia).

Algunhas veces o As é usado no lugar de Aw se a estación seca ocorre durante os días de sol máis alto e máis longos. Ese é o caso de partes do Hawai (Honolulu), África Oriental (Mombasa, Kenya) e Sri Lanka (Trincomalee), por exemplo. Na maioría dos lugares que teñen clima tropical húmido e seco, con todo, a estación seca ocorre durante a época de sol máis baixo e días máis curtos.