Circuíto de Paul Armagnac

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Circuíto de Paul Armagnac
Plano do Circuíto
Datos
Carreiras FIA Sportscar Championship, F3 Euroseries, F3000, French motorcycle Grand Prix, MotoGP
Localización Francia Nogaro, Francia
Lonxitude 5,245 km.
Curvas
Volta rápida
Piloto récord
Escudería récord
Coordenadas Coordenadas: 43°46′13″N 0°02′23″O / 43.770266, -0.039728
Vista do Circuíto

O Circuíto Paul Armagnac tamén coñecido como Circuíto de Nogaro é unha pista de carreiras preto de Nogaro no suroeste de Francia.

Historia[editar | editar a fonte]

Inaugurouse o 3 de outubro de 1960 como o primeiro circuíto de carreiras construído especificamente en Francia.[1][2] Nun principio ampliouse en 1973 e 1989 ao seus actuais 3´636 km. de lonxitude. En 2007 o circuíto foi modernizado incluíndo unha nova torre de control, un novo pitlane e ampliando a pista 12 m.

Paul Armagnac[editar | editar a fonte]

O circuíto noméase Paul Armagnac, polo piloto de carreiras, nado en Nogaro, dos anos 50 e 60.[3] Correu cun deportivo DB e matouse o 21 de outubro de 1962 nun accidente durante a práctica para os 1000 km de París en Montlhéry.

Descrición da pista[editar | editar a fonte]

A pista é relativamente plana, con 6 m. de diferenza de elevación entre os seus puntos máis alto e máis baixo. Córrese en sentido horario e consta de dúas longas rectas, a longa recta de saída de 950 m. chamada Claude Fior polo construtor de motocicletas nado en Nogaro e a recta do aeródromo case paralela, unido por varias seccións de tramos de curvas lentas.

Eventos[editar | editar a fonte]

Os eventos organizados no circuíto incluíron:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Nogaro". RacingCircuits.info. Consultado o 5 de xuño de 2015. 
  2. "Circuit Automobile Paul Armagnac". Nogaro en Armagnac. Mairie de Nogaro en Armagnac. Consultado o 5 de xuño de 2015. 
  3. Foubert, Claude. "Le circuit de Nogaro fête ses 50 ans…". Endurance-Info.com. Laurent Mercier. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 5 de xuño de 2015. 
  4. "Shell Eco Marathon 2015". Michelin. Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2015. Consultado o 5 de xuño de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]