Circuíto de Nivelles-Baulers

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Circuíto de Nivelles-Baulers
Plano do Circuíto
Datos
Carreiras
Localización Bélxica Nivelles, Bélxica
Lonxitude 3,724 km
Curvas 7
Volta rápida (1974) 1′09.82
Piloto récord Clay Regazzoni
Escudería récord Ferrari
Coordenadas Coordenadas: 50°37′16″N 4°19′37″L / 50.621111111111, 4.3269444444444
Vista do Circuíto

Nivelles-Baulers é un autódromo de 3.720 metros de extensión situado en Nivelles, Bélxica. Foi sede do Gran Premio de Bélxica de Fórmula 1 nas tempadas 1972 e 1974.

A diferenza do circuíto de Spa-Francorchamps, as amplas zonas de escape deseñadas en 1971 permitían evitar accidentes (pola maior visibilidade) e diminuía as consecuencias. Iso tamén causaba que os espectadores debesen situarse lonxe da pista, o que combinado co deseño plano do circuíto xerou rexeitamento por parte de pilotos e espectadores. O autódromo continuou usándose para carreiras de motociclismo ata o ano 1981.

Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Nivelles-Baulers[editar | editar a fonte]

Ano Piloto Auto Duración Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de
1972 Emerson Fittipaldi Lotus-Ford 1:44:07.3 h 3´724 km 85 182´423 km/h 4. Xuño Bélxica Bélxica
1974 Emerson Fittipaldi McLaren-Ford 1:44:20.57 h 3´724 km 85 182´019 km/h 20. Xullo