Circuíto Riverside International

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Circuíto Riverside International
Plano do Circuíto
Datos
Carreiras
Localización Moreno Valley (California, Estados Unidos)
Lonxitude 5,271 km
Curvas 15
Volta rápida (1960) 1:54.4
Piloto récord Stirling Moss
Escudería récord Lotus-Climax
Coordenadas Coordenadas: 33°56′13″N 117°16′21″O / 33.937, -117.27255555556
Vista do Circuíto
Vista

O Riverside International Raceway é un circuíto automobilístico situado en Riverside, California, Estados Unidos.

O circuíto construíuse para acoller diferentes carreiras de motor, e por iso ten diferentes configuracións de trazado:

  • A configuración máis longa ten unha lonxitude de 5,25 km.
  • A segunda configuración ten unha lonxitude de 4,16 km.
  • A terceira configuración, que é a que se utiliza nas carreiras da NASCAR, ten tamén unha lonxitude de 4,16 km.

Neste circuíto producíronse diversos accidentes mortais, comezando a longa lista xa a primeira fin de semana da primeira carreira que se disputou.

A Fórmula 1[editar | editar a fonte]

No circuíto de Riverside disputouse unha vez o Gran Premio dos Estados Unidos, Gran Premio dos Estados Unidos de 1960, e, como no circuíto de Sebring debido a pouca afluencia de público e ós elevados custos da organización da carreira, esta pasou a Watkins Glen na tempada seguinte.

Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Riverside International[editar | editar a fonte]

Ano Piloto Auto Duración Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de
1960 Stirling Moss Lotus-Climax 2:28:52.2 h 5´271 km 75 159´330 km/h 20. novembro Estados Unidos