Chronicon Iriense

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Chronicon Iriense
OrixeReino de Galicia
Lingualingua latina
Xénero(s)crónica
editar datos en Wikidata ]

O Chronicon Iriense é unha curta crónica medieval en latín sobre a historia da diocese de Iria Flavia (predecesora da arquidiocese de Santiago de Compostela), entre os anos 561 e 982.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Nos manuscritos medievais adoita aparecer unida á Historia Compostellana, se ben tamén aparece en solitario nalgúns manuscritos do século XII. Quizais foi escrita para completar a parte da fundación da diocese anterior ao narrado na Historia, pero unha parte do persoal que o investiga, como Justo Pérez de Urbel e Rubén García Álvarez, defende que foi creada xusto despois dos últimos eventos narrados, cara ao ano 982, polo daquela recentemente deposto bispo Paio Rodríguez.

O Chronicon comeza no ano 561, con Andrés, bispo durante o Primeiro Concilio de Braga, e continúa até o episcopado de Pedro Martínez de Monsoncio. Menciona o descubrimento do presunto corpo do Apóstolo Santiago durante o bispado de Teodomiro, no reinado de Afonso o Casto, pero non se di o lugar onde se atopou o corpo. Segundo o Chronicon, Teodomiro foi o primeiro bispo da nova diocese en Santiago de Compostela, durante o reinado de Carlomagno.

Edicións[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Barton Sholod. 1966. Charlemagne in Spain: The Cultural Legacy of Roncesvalles (Geneva: Librairie Droz), p. 129.
  • José-Luis Martín. 1965. "Pelayo Rodríguez, obispo de Santiago (977–985)", Anuario de los estudios medievales, 2, 474.