China (homónimos)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O topónimo China pode facer referencia a:

Estados actuais
China
  • A República Popular da China, comunmente chamada China, estado fundado en 1949 que exerce a soberanía sobre a chamada China continental, así como sobre Hong Kong e sobre Macau. Ademais, reivindica a súa soberanía sobre a illa de Taiwán (antigamente chamada Formosa). Membro das Nacións Unidas desde 1971, é recoñecida diplomaticamente pola maior parte dos países do mundo.
  • A República da China, comunmente chamada Taiwán, estado que desde 1949 só exerce a soberanía sobre as illas de Taiwán, Penghu, Kinmen e Matsu. Foi membro das Nacións Unidas até 1971. Na actualidade, só conta co recoñecemento diplomático de 24 países do mundo.
Estados antigos
Áreas xeográficas
  • China (rexión), a rexión cultural, área xeográfica e berce da civilización chinesa, que se estende sobre parte da Asia Oriental.
  • China continental, área xeográfica que comprende a zona continental da China, excepto as rexións administrativas de Hong Kong e Macau e o territorio de Taiwán.
Hidrografía
Localidades

Amais, como antropónimo feminino pode referirse a:

Como antropónimo masculino pode referirse a:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Música
Outros
  • Nomes de China.
  • China, antigo nome de diversas vasillas de porcelana fina (apócope de porcelana da China, ou porcelana chinesa), da que deriva o nome de chineiro, moble de comedor onde se gardan.
  • China Airlines, compañía de liñas aéreas estatal da República da China (Taiwán).
  • China Southern Airlines, compañía de liñas aéreas estatal da República Popular da China.
  • China, nome xenérico co que se coñece a unha muller de campo na Arxentina e o Uruguai.
  • China Taipéi, nome oficial co que participan os equipos deportivos da República da China (coñecida comunmente como Taiwán), nos Xogos Olímpicos e outros eventos deportivos como os Xogos Asiáticos.
Outras entradas na Galipedia nas que no seu título teñen (ou poden ter) este termo