Chifre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chifre de metal usado na samba.

O chifre ou pito é un instrumento de vento utilizado tanto para a música como para a sinalización deportiva e de tráfico. O son é producido pola vibración do ar ao pasar forzadamente. Era tradicionalmente feito de madeira, aínda que hoxe se usan chifres feitos de metais como o bronce. Algúns chifres teñen buratos nos lados que son cubertos cos dedos para producir diferentes tons. O executante pode controlar aínda a duración e a intensidade do son.

Chifre metálico usado na sinalización deportiva e do tráfico.

Na música, é utilizado principalmente na samba. O chifre é usado tanto para tocar padróns rítmicos así como para anunciar unha nova sección, o comezo, ou o final dunha música. Nunha escola de samba o mestre de batería é o responsábel deses sinais. Para el, o chifre (xunto co repenique) funciona como a batuta dun mestre de ópera. O chifre é capaz de producir sons fortes e agudos, longos e curtos, abertos e pechados, e todos son usados para engadir variedade e cores aos padróns tocados. Tamén pode tocar un padrón repetitivo que funciona como parte do conxunto do grupo rítmico.

Polo seu grande volume sonoro, o chifre pode ser usado en diversas funcións de sinalización. Os gardas de tráfico, tamén poden ser usados en ferrocarrís, navíos e ambientes industriais ruidosos, como forma de sinalización de seguridade a longa distancia.

Outro uso é na marcación e sinalización de faltas e erros ou para autorizar o inicio de xogadas en deportes de campo ou cancha, voleibol, fútbol, fútbol sala etc). A duración, a altura e o número de asubíos indican e sinalizan os erros.

Existen aínda chifres capaces de imitar o canto de diversos paxaros. En xeral son chamados de píos e son utilizados para atraer paxaros para observación ou na caza.