Champiñón común

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Champiñón común
Clasificación científica
Reino: Fungi
División: Basidiomycota
Clase: Agaricomycetes
Subclase: Agaricomycetidae
Orde: Agaricales
Familia: Agaricaceae
Xénero: Agaricus
Especie: A bisporus
Nome binomial
Agaricus bisporus
(J.E.Lange) Imbach, 1946
Variedades cultivares
  • A. bisporus var brunnescens
  • A. bisporus var hortensis
  • A. bisporus var sativus
  • A. bisporus var vulgaris

O champiñón común ou champiñón de París[1], (do francés champignon) (Agaricus bisporus) é unha especie de fungo basidiomiceto da familia Agaricales, cultivado extensamente para o seu uso en gastronomía. É o cogomelo máis empregado entre os fungos comestíbeis, prestándose en numerosas formas de consumo. Malia a micofobia galega tradicional, o consumo e cultivo do champiñón é común en Galiza hoxe en día[2].

Descrición[editar | editar a fonte]

Cultivo de Agaricus bisporus.

A. bisporus presenta un chapeu arredondado e lixeiramente achatado na parte superior. Durante o proceso de crecemento, este se atopa unido ao por medio dun anel simple, é dicir virado só cara a base; contra o final da fase de desenvolvemento abre, co que quedan á vista as lamelas típicas das agaricáceas. Estas están ceibas do pé, e co tempo tornan gradualmente dunha cor rosada a unha parda escura. O chapeu pode acadar os 18 cm de diámetro, e o pé até oito de longo e tres de diámetro.

O trazo distintivo de A. bisporus é microscópico: as súas esporas (que miden de 5,5 a 8,5 por 4 a 6,5 µ), de forma elíptica, preséntanse dúas por cada basidio, no canto de catro como é habitual noutros Agaricus.

A variedade cultivada máis frecuentemente, A. bisporus var hortensis, é de cor branca en toda a súa superficie; a carne presenta algúns matices rosados. Esta variedade, orixinaria de Pensilvania —onde un granxeiro a obtivo mediante unha mutación ao chou— desprazou virtualmente do mercado, pola súa mellor adapción á conservación, á orixinal A. bisporus var brunnescens. Dependendo do punto de maduración co que se comercializa, esta última véndese baixo o nome de portobello —máis grande e desenvolvido— ou crimini —en etapa xuvenil—; adoitan presentar un maior tamaño que o mutante branco, e un chapeu é máis largo e achatado, destinándose especialmente ao consumo inmediato.

Cultivo[editar | editar a fonte]

Coma outras especies do xénero, A. bisporus é saprófita. Preséntase en feixes ou fatos apertados, o que fai que a produción por m² sexa elevada. Cultívase polo xeral sobre compost, no que se inocula o micelio, normalmente usando grans de trigo estériles recubertos de hifas do fungo.

Gastronomía[editar | editar a fonte]

O champiñón común ten un sabor neutro e delicado, cun recendo lixeiramente a noz nos exemplares máis maduros. É popular en gastronomía, incluso en Galiza, e de escaso rendemento calórico, contendo arredor de 20 calorías cada 100 gramos. É relativamente rico en fibra alimentaria, así como en vitamina B6, vitamina C, vitamina D, potasio e niacina. É utilizado na elaboración de pizzas, revoltos, tortillas etc.

Sinónimos[editar | editar a fonte]

O basónimo de A. bisporus é Psalliota hortensis f. bispora J.E. Lange, 1926. Son tamén sinónimos os nomes científicos a seguir:

  • Agaricus bisporus (J.E. Lange) Pilát, 1951
  • Agaricus bisporus (J.E. Lange) Singer, 1951
  • Agaricus bisporus var. albidus (J.E. Lange) Singer, 1961
  • Agaricus bisporus var. avellaneus (J.E. Lange) Singer, 1961
  • Agaricus bisporus var. bisporus (J.E. Lange) Pilát, 1951
  • Agaricus brunnescens Peck, 1900
  • Agaricus campestris var. bisporus Kligman, 1943
  • Agaricus campestris var. buchananii Berk., 1860
  • Agaricus campestris var. elongatus Berk., 1860
  • Agaricus campestris var. hortensis Cooke, 1871
  • Agaricus cookeanus Bon, 1985
  • Agaricus hortensis (Cooke) Pilát, 1951
  • Agaricus hortensis (Cooke) S. Imai, 1938
  • Agaricus subfloccosus var. bisporus (J.E. Lange) Hlaváček, 1951
  • Psalliota bispora (J.E. Lange) F.H. Møller & Jul. Schäff., 1938
  • Psalliota bispora f. albida (J.E. Lange) Treschew, 1944
  • Psalliota bispora f. avellanea (J.E. Lange) Treschew, 1944
  • Psalliota campestris var. hortensis (Cooke) Lloyd, 1899
  • Psalliota hortensis (Cooke) J.E. Lange, 1926
  • Psalliota hortensis f. albida J.E. Lange, 1939
  • Psalliota hortensis f. avellanea J.E. Lange, 1939

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]