Cela 211

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cela 211
Ficha técnica
Título orixinalCelda 211
DirectorDaniel Monzón
GuiónJorge Guerricaechevarría
Daniel Monzón
IntérpretesLuís Tosar
Alberto Ammann
Antonio Resines
Manuel Morón
Marta Etura
Carlos Bardem
Luis Zahera
Vicente Romero
Fernando Soto
FotografíaCarles Gusi
MontaxeMapa Pastor
EstudioVaca Films
Telecinco Cinema
Morena Films
TVG
DistribuidoraTelecinco Cinema (España)
IFC Film (USA)
La Fabrique de Films (Francia)
Senator Film (Alemaña)
Filmtrade (Grecia)
Estrea2009
Duración140 minutos
OrixeGalicia Galicia
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt1242422 Filmaffinity: 270489 Allocine: 136862 Rottentomatoes: m/cell-211 Allmovie: v499068 TCM: 746128 Netlix: 70125343Editar o valor em Wikidata

Cela 211 (en castelán: Celda 211) é unha película galega, dirixida por Daniel Monzón en 2009, gañadora de 8 Premios Goya incluíndo mellor película, mellor actor (o galego Luís Tosar) e mellor director. É unha adaptación escrita por Jorge Guerricaechevarría da novela homónima do xornalista Francisco Pérez Gandul.

Estreouse en galego na TVG o 14 de xaneiro de 2012.[1]

Sinopse[editar | editar a fonte]

Juan, funcionario de prisións, preséntase no seu novo destino un día antes da súa incorporación oficial. Alí, sofre un accidente minutos antes de que se desencadee un motín no sector dos FIES, os presos máis temidos e perigosos. Os seus compañeiros non poden máis que velar polas súas propias vidas e abandonan á súa sorte o corpo inconsciente de Juan na cela 211. Ao espertar, Juan comprende a situación e faise pasar por un preso máis ante os amotinados. A partir dese momento, o protagonista terá que arriscar a base de astucia e mentiras, sen saber aínda o que lle ten preparado o destino.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Premios Mestre Mateo[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Receptor Resultado
8ª edición Mellor filme Daniel Monzón Gañador
Mellor director Daniel Monzón Gañador
Mellor actor Luís Tosar Gañador
Mellor actor secundario Luis Zahera Gañador
Carlos Bardem Nomeado
Mellor actriz secundaria Marta Etura Nomeada
Mellor guión Jorge Guerricoechevarría e Daniel Monzón Gañadores
Mellor dirección de produción Alicia Tellería Gañadora
Mellor dirección artística Antón Laguna Gañador
Mellor montaxe Mapa Pastor Gañador
Mellor música orixinal Roque Baños Nomeado
Mellor son Sergio Burmann, Carlos Faroulo e Jaime Fernández Gañadores
Mellor fotografía Carles Gusi Nomeado
Mellor maquillaxe e peiteado Raquel Fidalgo e Inés Rodríguez Gañadoras
Mellor deseño de vestiario Montse Sancho Gañadora

Premios Goya[editar | editar a fonte]

Categoría Persoa Resultado
Mellor película Gañadora
Mellor director Daniel Monzón Gañador
Mellor actor protagonista Luís Tosar Gañador
Mellor actriz secundaria Marta Etura Gañadora
Mellor actor secundario Carlos Bardem
Antonio Resines
Candidato
Candidato
Mellor actor revelación Alberto Ammann Gañador
Mellor guión adaptado Daniel Monzón
Jorge Guerricaechevarría
Gañadores
Mellor música orixinal Roque Baños Candidato
Mellor fotografía Carles Gusi Candidato
Mellor montaxe Mapa Pastor Gañadora
Mellor dirección artística Antón Laguna Candidato
Mellor dirección de produción Alicia Tellería Candidata
Mellor maquillaxe e peiteado Raquel Fidalgo
Inés Rodríguez
Candidatas
Mellor son Sergio Burmann
Jaime Fernández
Carlos Faruolo
Gañadores
Mellores efectos especiais Raúl Romanillos
Guillermo Orbé
Candidatos

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Cela 211 na TVG". Diario Siglo XXI. 13 de xaneiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2015. Consultado o 6 de outubro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]